As metodoloxías activas de aprendizaxe en grupo son un eixo transversal nas políticas educativas, así como no traballo co alumnado e con outros equipos: proxectos interdisciplinares, programas de innovación, materiais educativos…
Como docentes, buscamos estratexias que se adaptaren á realidade cambiante das aulas: actividades en grupo, ferramentas para xestionar a diversidade, investigación de temas significativos… Esta xornada facilitará a posta en común desas estratexias, ao tempo que achegará ferramentas para a colaboración, a aprendizaxe entre iguais, a xestión da diversidade e a integración do traballo creativo con narrativas dixitais, que favorecen o fomento da convivencia, do pensamento crítico e a construción de comunidade no eido educativo.
Na práctica, afondaremos no experiencia de EpDLab, un proxecto con 9 anos de desenvolvemento en centros galegos, e coñeceremos metodoloxías que combinan a aprendizaxe autónoma e a colectiva, elaborando resultados significativos para responder aos cambios sociais e culturais do contexto das aulas. O resultado desta xornada formativa poderá ser aplicado á realidade, pero tamén será unha contribución á mellora dos procesos de colaboración e á innovación nos centros e na práctica docente:
- Estratexias de aprendizaxe entre iguais
- Educación mediática e participación social
- ECG e Teoría do Cambio
- Materiais para a formación, a investigación e a innovación
- 8h homologables.
- Presencial: 2 de marzo de 2024 en Santiago de Compostela.
- Coste da matrícula: gratuíto.
Se tes interese nesta formación, podes ler aquí o programa e máis información detallada, ou podes acceder directamente ao formulario de inscrición ⤵️ :