EpDLab comeza o curso 23-24: 9 anos de traballo, e seguimos medrando, aprendendo e construíndo comunidade
O pasado xoves 28 de setembro celebramos a primeira actividade de EpDLab 23-24. Xuntámonos 11 persoas na biblioteca do IES de Brión, que foi renovada ao longo do pasado verán, creando un espazo moi agradable para o traballo en grupo. Neste escenario, e despois de meses sen vérmonos en persoa, arrincamos esta novena fase de proxecto con bo humor, ganas de aprender xuntas e co reconforto de anos de coñecemento e traballo en equipo.
Todos os centros repiten e, aínda que hai docentes que se implicarán por primeira vez durante este curso, a historia de EpDLab xa lle é familiar grazas ás achegas das súas compañeiras e compañeiros. En xeral, un ambiente moi familiar e comprometido, que permitiu abordar todos os puntos previstos ao tempo que houbo espazo para debater e propor ideas novas.
Respecto ás conclusións deste primeiro encontro, planificamos as actividades, poñendo o acento sobre o hackathon e as sesións con outros grupos do centro. O profesorado tamén amosou interese polo proceso deseñado para o Kit Dixital de Aprendizaxe, así como nas formacións asociadas, salientando a estabilidade na estrutura do proxecto, que xa o convirte nunha ferramenta de ensino e aprendizaxe transversal no currículo.