Obradoiro de contrapublicidade

Obradoiro de contrapublicidade

Ferramenta: deseño e fotografía

Tempo: Mínimo 4 horas de formación

Sesións: Idealmente 2 horas por sesión

Colectivo meta: nenos e nenas de primaria e ESO  e profesorado.

A contrapublicidade é unha metodoloxía que promove a reflexión sobre as mensaxes que recibimos a través da publicidade, a creación de mensaxes propias e o activismo social. Pode ser aplicada no contexto dixital ou no analóxico, dependendo das posibilidades, pois o obxectivo principal é o proceso, non o produto final. Emprégase principalmente a abordar temáticas como o consumo responsable, a protección do medio ambiente e os estereotipos de xénero.

A metodoloxía consiste en tunear anuncios publicitarios, modificando a mensaxe e promovendo causas sociais. A cartelería, en dixital ou analóxico, pode distribuírse despois por o entorno do colectivo participante (barrio, escola, administracións públicas).

Se es unha entidade do campo social, un centro educativo, un centro cultural… e queres que deseñemos para ti este tipo de talleres contacta con coordinación@agareso.org para pedir orzamento.

Share This