Obradoiros de fotografía para adolescentes en risco de exclusión

Obradoiros de fotografía para adolescentes en risco de exclusión

“A fotografía tamén pode ser un vehículo para a inclusión social”. Esta é a premisa da que parte este curso fotográfico. Para calquera adolescente a actividade creativa pode converterse nunha forma moi eficaz de expresión e desenvolvemento persoal. Pero, cando se trata dun adolsecente sen apoio familiar, esta opción pode ser decisiva para reforzar a súa autoestima, as súas habilidades personais e os seus vínculos coa sociedade da que pronto formará parte como adulto. O obxectivo deste curso é que cada participante aprenda a manexar una cámara e a expresarse con ela, ao tempo que observa o mundo dende unha perspectiva inclusiva e solidaria. Ademáis de comprender cuestiós básicas relativas á natureza, tipoloxía e linguxe fotográficas, cada un dos participantes aprende a contar a súa propia historia e imaxes, pois para o remate dos obradoiros cada participante terá creado o seu propio proxecto fotográfico
Share This