A oitava xornada do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional veu da man da loita contra o discurso do odio e a loita LGTBI nos países de Latinoamérica. As alumnas do seminario puideron asentar as bases de coñecemento para combater ese discurso de odio e tomar conciencia doutras realidades a nivel internacional.

A primeira das ponencias estivo protagonizada pola loita contra o discurso de odio que aumentou nos últimos anos coa elevación de partidos e ideoloxías de extrema dereita. A primeira quenda grazas a Ecos do Sur, unha ONG galega que traballa en proxectos innovadores de alto impacto, xerando benestar social verificábel e mensurábel. Ecos do Sur axudou a asentar as bases e as regras ou medidas que podemos tomar para combater os discursos de odio e de extrema dereita, que están proliferando debido ao emprego masivo das redes sociais. Os bulos tamén entran dentro do combate diario ao que nos enfrontamos como usuarias da rede.

A segunda parte da xornada estivo presidida polas vivencias das activistas Marcos Ignacio Molina e Bianka Gabriela Rodríguez. Ambas con ampla experiencia e traxectoria na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI en O Salvador. Explicaron que Centroamérica é unha das zonas con maiores niveis de impunidade fronte á violación sistemática dos dereitos humanos da poboación LGBTI. A discriminación de odio que sofren lesbianas, gays e e persoas trans por causa da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero é común no colectivo e fai que a súa vida cotiá estea repleta de vexacións, ameazas e medo constante.