Cando comezamos a ler e aprender sobre medios de comunicación comunitarios había un nome que se repetía como exemplo en todas esas lecturas: Rtv Izcanal. Naqueles inicios de AGARESO nin soñábamos con que algún día teríamos o noso propio proxecto con esta emisora comunitaria de El Salvador e achegariamos o noso grao de area para que poidan seguir traballando en comunicar desde e para a comunidade. Longa vida este proxecto de resistencia, porque como din por aí “sen comunicación non haberá revolución”.

Deixámosvos o vídeo que fixo o noso compañeiro Oscar Vázquez Arrojo este pasado decembro. Proxecto realizado canda os nosos socios de Asemblea de Cooperación pola Paz, Fundacion Cordes e Fundación Comunicándonos, coa financiación da Xunta de Galicia.