Transparencia

Transparencia

Nunha organización sen ánimo de lucro como é Agareso consideramos de gran relevancia a apertura da información da nosa entidade ao público.

Nos seguintes apartado poden consultarse os diversos aspectos relacionados coa transparencia da nosa organización, de cara á nosa base social, contrapartes e público xeral.

Nos Estatutos vese reflexado como organiza Agareso o seu traballo interno e as normas xerais que o rixen. Relacionado con isto, as asambleas que se realizan de xeito anual son de especial relevancia, neste apartado poden consultarse as actas e as vindeiras convocatorias.

Co apartado de datos económicos queremos mostrar as contas da organización, os ingresos e os gastos que se producen dentro da mesma ao longo do tempo.

Nas memorias anuais da organización poden consultarse os proxectos, actividades e evolución da nosa organización, con información máis concreta relativa a cada ano de vida da nosa organización.

As ferramentas de transparencia supoñen un avance máis cara a difusión do noso traballo con claridade, baixo os criterios aplicados de xeito unánime a todas as ONGD’s, sometidas estas ferramentas a unha auditoria externa na que se avalía o noso grado de cumprimento.