Os rostros do comercio xusto

Os rostros do comercio xusto

Autor: Miguel Núñez

Obxectivo: Sensibilizar sobre o comercio xusto

Fotografías: 40 imaxes e 28 cadros

País: Ecuador e España

Ano: 2009

Tamén podes visitar o blog para saber máis sobre este proxecto ou ver o documental “Os rostros do comercio xusto”

A exposición amosa o traballo resultante da relación entre Amarante Setem (Galicia) e a Fundación Maquita (Ecuador), organización de referencia no sector primario e social do país andino, para apoiar a pequenas cooperativas adicadas ao cacao, ós cítricos ou á cana de azucre. Unha colaboración que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas e o avance cara unha equidade de xénero real.

A mostra, protagonizada polo campesiñado ecuatoriano, recolle unhas 40 imaxes realizadas polo fotoxornalista vigués Miguel Núñez durante o proxecto acometido en Ecuador por un grupo de cinco reporteiros de AGARESO no verán de 2009. O obxectivo é concienciar sobre o consumo responsable, poñendo en valor o cambio que se produciu nalgunhas comunidades agrícolas do Sur grazas ao comercio xusto e á cooperación internacional.

Share This