Documentais
Documentais
A profesionalidade e experiencia de Agareso como comunicadores, tanto por parte dos membros do seu equipo, como desde a súa base social, convértenos nunha organización complementaria dos traballos doutras organizacións na difusión dos seus proxectos.
Unha parte importante desta difusión céntrase na realización de traballos audiovisuais e documentais cos que se dan a coñecer outras realidades, experiencias e accións levadas a cabo.
Moitos dos nosos traballos contan xa co recoñecemento de varios festivais que premiaron a súa calidade e valor como testemuño de primeira man.
Cabe destacar que estes materiais supoñen ademais unha oportunidade para dar a coñecer o traballo dos nosos voluntarios e colaboradorese a súa revalorización profesional.