Especialista en comunicación para o desenvolvemento con experiencia internacional, Rocío Cadahía traballou 4 anos en Guinea Ecuatorial como directora de sensibilización e comunicación na ONG Ecoguinea. Neste país tamén foi xestora cultural e responsable de comunicación do Centro Cultural de España en Bata (AECID). Escribiu guións para anuncios, cuñas e documentais de temática social e traballou como formadora en técnicas radiofónicas e sensibilización. É socia fundadora de ONG Waka Films, Comunicación para o cambio social e con AGARESO participou en varias experiencias como formadora en Galicia (2016), Guatemala (2015), O Salvador (2013) e Marrocos (2010).