A vulneración dos dereitos humáns como a violación masiva usada como arma de guerra queda impune na República Democrática do Congo, xa que as vítimas non denuncian por medo a represalias, a ser repudiadas polas súas familias ou por falla de medios para contratar a un letrado, según explica a abogada congolesa Nicole Odia.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumpre quince anos e por este motivo está a preaparar un documental sobre os seus proxectos, tanto de ámbito nacional como internacional, varios deles executados en Cabo Verde. O documental está sendo elaborado coa colaboración de AGARESO, tras unha recente visita á illa.
Entre 4.000 e 5.000 persoas, segundo a fonte, participaron o domingo día 3 na manifestación de Santiago que pechou a Marcha polo Emprego organizada pola Confederación Intersindical Galega. Esta camiñata reivindicativa comezou cun cento de parados e representantes sindicais que, con algunhas baixas polo camiño, percorreron os 90 quilómetros por estrada que separan Vigo da capital.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza estas “Vacacións con Traballo” nas que os profesionais colaborarán un mes cos parceiros da entidade, que os instruiu o día 23 de xuño en Poio (Pontevedra)
Unha das derradeiras accións reivindicativas dos “indignados” da Acampada de Vigo foi a entrega (o luns día 6) de tarxetas de desemprego a un banco galego co que un deles ten unha hipoteca dende hai de 11 anos que agora non poderá afrontar por estar no paro.
Entre unha trintena e medio cento de persoas participan de xeito activo no Campamento de Vigo aportando propostas, como a necesidade dunha lei hipotecaria, que xa existe noutros países, para evitar o endevedamento das familias e dos mozos.
Voluntarios da ONGD participaron o 23 decembro no acto simbólico, “pranta unha árbore, non a cortes” ao mesmo tempo que os membros de Amigos da Terra Internacional noutros 4 países dos cinco continentes.
Unha moza condutora de Porriño e a súa amiga enfermeira, de Vigo, envíaron o xoves a Senegal 20 toneladas de axuda humanitaria consistente en aparellos para o fogar, roupa, calzado ou juguetes.Sandra Sousa Gómez e Esther Serrano Albar parten o próximo 1 de xuño cara ao país africano con 184 quilos máis de medicamentos e utensilios para bebé. Realizarán elas mesmas, durante 15 días, a repartición ás familias necesitadas do poboado de Badiane, na rexión de Kedougou, ao sueste do país.
Unha equipa de 15 persoas xubiladas con idades entre os 45 e 74 anos (delas, 5 mulleres) fan posible esta iniciativa de centro sociocumunitario de Vigo-Coio, www.cscoia.com, coordinada por unha xornalista manchega. A revista dixital informa sobre todo o que acontece no centro, ademáis de abordar cuestións de actualidade, reportaxes sobre viaxes, benestar social, axudas e programas da xunta, INSERSO, saúde coniña, historia, ou creación literaária e poética. Os seus artíficaes son voluntários que fan un novo número cada semana e acaban de incorporar a 4 "becarios", tamén xubilados, que acadarán a veteranía logo de realizar información durante un ano.
Arredor dun milleiro de personas manifestáronse en Galicia o pasado martes día 9 de novembro contra o salvaxe ataque sofrido, a xornada anterior, polos refuxiados Saharauis en Marrocos e perpetrado polo exército, policía e outras forzas de seguridade como helicópteros, que non dubidaron en “ametraiar, bombardear, gasear e disparar sobre a poboación civil” desprazada dende a colonización marroquina nos anos 70.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics