"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes agareso
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Este venres, 25 de maio, de 17.30 a 19.00 horas a ONGD Equus Zebra programa un partido de fútbol solidario, África Vive, entre os xogadores veteranos do Súper Dépor e os xogadores africanos de Equus Zebra. O partido disputarase no campo de fútbol grande municipal, Rodrigo García Vizoso (c/Galileo Galilei s/n; polígono da Grela), cedido polo Concello da Coruña. A entrada é libre e gratuíta pero habilitarase unha fila cero na que se aceptarán doazóns de particulares.

En outubro de 2011, a Comisión Europea propuxo o proxecto de regulamento para a próxima rolda da Política de Cohesión. Na súa proposta, un mínimo do 25% do orzamento da política de cohesión deberíase dedicar ao Fondo Social Europeo (FSE) e polo menos o 20% do FSE a inclusión social e loita contra a pobreza.

Comezan as gravacións para o programa final do obradoiro de televisión que Agareso e ACPP promoven no IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, no marco da iniciativa Escolas sen Racismo.

Nouakchott, 15 de maio de 2012 – Dende finais de xaneiro, preto de 160.000 persoas fuxiron de Mali e asentáronse en campos de refuxiados en Mauritania, Burkina Faso e Níxer. A inestabilidade no seu país segue a ser moi alta e as súas esperanzas de poder regresar nun futuro próximo vanse esvaecendo pouco a pouco. Ademais, outra ameaza cae agora sobre os refuxiados: a estación de choivas está a piques de chegar e o despregue da axuda complicarase aínda máis nas próximas semanas.

Mércores, 16 Maio 2012 08:59

Curso de comunicación dixital e ONGD

A Coordinadora Galega de ONGD organiza un curso de «Comunicación dixital e participación nas ONGD», unha formación semi presencial que contará cunha clase práctica que terá lugar o venres, 8 de xuño, en Santiago de Compostela, en horario de tarde e mañá.

O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto para denunciar as desigualdades no actual sistema de intercambio internacional e reivindicar a contribución ao desenvolvemento dos pobos desta fórmula alternativa. Agareso Radio visita as dúas tendas especializadas da cidade de Pontevedra para dar a coñecer as propostas de Amarante Setem e Solidariedade Internacional.

Pasaron catro anos e a sensación de escasa contribución ao desenvolvemento é crónica. Todos os investimentos en recursos humanos, materiais e técnicos son insuficientes ante unha insaciable demanda de necesidades sociais e humanas. Aquel sete de maio de 2008, unha longa lista de nomes, fieis ao compromiso, estampou a firma sobre un documento fundacional para dar vida á ONGD Agareso “Reporteiros Galegos Solidarios “ no despacho de avogados do xeneroso Jorge Paladino, situado na cidade de Pontevedra.

As organizacións Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional de Galicia, Labañou Solidaria e a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, xunto con Fiare Banca Ética e os produtores locais Millo e Landras, a Horta do Sacho, Val de Barcia e a Cooperativa Raíña Lupa estarán presentes durante o sábado 12 de maio, desde as 11:00 ata as 20:00 horas, na Praza de Pontevedra, para celebrar o Día Internacional do comercio xusto.

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (FAGAL) quere facer pública a súa preocupación ante as declaracións realizadas o pasado xoves 3 de maio no Parlamento de Galicia polo Valedor do Pobo, Don Benigno López, en relación a Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

A gravadora é a fiel aliada da e do xornalista radiofónico. Iso foi o primeiro que aprenderon a quincena de estudantes que desde mediados de abril participan no obradoiro impartido por Agareso no CEIP López Ferreiro. O centro compostelán forma parte hai tempo da rede Escolas sen Racismo, promovida por Asemblea de Cooperación pola Paz, e este ano avanza na educación e a comunicación para o desenvolvemento a través da radio.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 58

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31