Os seus protagonistas falan en profundidade sobre o obradoiro de prevención en consumo de drogas en adolescentes “Di K Non” para Agareso radio.
Download Embed Insertar este video en tu web
AGARESO pon en marcha un novo proxecto de sensibilización sobre colectivos en risco de exclusión social e as iniciativas promovidas para a súa inclusión na sociedade e para promover un cambio social entre a poboación galega. Neste caso, farao a través do proxecto 'Di-k-non', promovido pola Fundación Barrié e a Unidade Terapética Educativa (UTE) do centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña).
AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.
O protocolo estase a elaborar en consenso cos servizos sociais dos concellos, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), Cruz Vermella, os Corpos e Forzas de Seguridade e a Fiscalía, entre outros colectivos. Os obxectivos principais son a prevención coa creación de novas ferramentas, a detección dos posibles casos e a atención e intervención.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics