Os resultados do indicador AROPE para o 2010 mostran que máis de once millóns e medio de persoas en España, un 25.5% da poboación, están en situación ou risco de pobreza e exclusión social, un aumento de máis dun millón de persoas con respecto a 2009.
A Casa das Artes de Vigo acolle ata o próximo 30 de novembro a exposición "Portas. A vida que levamos, o mundo que queremos", unha ambiciosa mostra que intenta resumir en 500 m2 de proxeccións, carteis e paneis interactivos cal é a relación entre a vida nos países do Norte e o empobrecimiento dos países do Sur. O proxecto, organizado pola Plataforma 2015 e Más, integrada por 17 ONGD, está percorrendo España para reflexionar sobre as causas da pobreza.
Baixo o lema “Participando e construíndo futuro”, máis de 70 profesionais e persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social reflexionarán e debatirán sobre as dificultades para a súa inclusión social e para aumentar as súas posibilidades de acadar un emprego.
A Coordinadora Galega de ONGD denuncia que a redución á metade dos orzamentos dedicados a proxectos de cooperación en 2011, deixa sen garantías de continuidade o traballo a prol da loita contra a pobreza que desenvolve este colectivo.
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento únese ás mobilizacións convocadas polas organizacións sociais contra a reforma da Constitución. A limitación do déficit público proposta supoñerá un impacto negativo sobre as políticas sociais e de desenvolvemento, nun momento no que a crise está a afectar de xeito máis agresivo ás persoas máis vulnerables.
Durante a conferencia "Agronegocios e políticas de Fame en África: quen son os verdadeiros beneficiarios? " que tivo lugar o pasado fin de semana en Durban, Sudáfrica, organizacións de máis de 15 países, analizaron as ameazas da expansión do agronegocio en África. Amigos de la Tierra Internacional lanzou dous novos informes relacionados co tema, con estudos de casos sobre agricultura a pequena escala, a loita polo acceso á terra e a protección da biodiversidade. Ademais, un dos informes céntrase por completo no papel das mulleres no Sur rural.
¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) clausurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reuniu en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) inaugurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reúne en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
O encontro celebrarase o 30 de xuño e o 1 de xullo e pretende ser o primeiro dos encontros anuais de referencia que en Galicia afronten toda esta problemática a niveis europeo, estatal e galego.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics