Ankara, Turquía. Os xornalistas africanos reunidos no Fórum Media Turquía-África concluiron que a cooperación entre os medios de comunicación dos países africanos e o goberno da Turquía debe contribuir a construcción dun futuro mellor para o continente.
O presidente, Malam Bacai Sanhá morreu día o pasado día 9 de xaneiro, en Francia, anunciaron fontes da Presidencia da República, en Bissau.
José Augusto Mendoça / Bissau – A Princesa de Arabia Saudita, acompañada do seu marido, o irmán máis novo do Rei Abdula, realizou unha visita a Guinea-Bissau en resposta á invitación da “Fundação Ninho da Criança”, organización presidida pola esposa do presidente guineense.
Guinea-Bissau entrou na senda da civilización coa criminalización da práctica de mutilación xenital feminina, que viña sendo exercida dende tempos remotos e que causaron varios traumas as vítimas, incluíndo a perda da propia vida.
O goberno de Brasil ofreceu a Guinea-Bissau máis de sete toneladas de medicamentos antirretrovirais, presupostadas en preto de tres millóns de dólares, destinadas a combater a enfermidade da Sida.
Guinea-Bissau adquiriu recentemente nove tractores, o mesmo número de vehículos, un conxunto de moto-cultivadoras e diferentes aparellos agrícolas, financiados polo Banco Oeste/Oeste Africano de Desenvolvemento (BOAD) por un montante superior a un billón de francos CFA.
O fluxo de persoas con problemas de saúde ocular xunto ao Hospital Simão Mendes e demais hospitais, ou como os centros oftalmolóxicos do país, demostra que doenzas asociadas están a crecer cada día que pasa.
O Ministro da Xustiza entregou o premio “Xornalismo Kumpo Terra Edición 2010” ao xornalista da ANG e correspondente de AGARESO en Guinea Bissau, José Augusto Mendonça, polo seu traballo no ámbito da campaña de sensibilización sobre os malefícios do consumo de Drogas na Guinea-Bissau.
A ONGD Asociación de Estudos e Alternativas (ALTERNAG) recibiu formalmente o 12 de abril unha nova sede no barrio de Belén, cuxa construción foi financiada pola organización española Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), a través do Goberno de España.
O Embaixador de España en Guinea Bissau está coas maletas feitas para partir. Antes de facelo, Anxo Ballestero realizou un balance á ANG sobre a súa estancia no país e dixo que dos 15 millóns de euros que España investiu no últimos catro anos os sectores da saúde, agricultura, pesca e educación e no Ministerio do Interior, foron os maiores beneficiarios.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics