"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Amosando elementos por tag Amarante

O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto para denunciar as desigualdades no actual sistema de intercambio internacional e reivindicar a contribución ao desenvolvemento dos pobos desta fórmula alternativa. Agareso Radio visita as dúas tendas especializadas da cidade de Pontevedra para dar a coñecer as propostas de Amarante Setem e Solidariedade Internacional.

Publicado AG Radio
Venres, 27 Xaneiro 2012 00:07

Roupa para Europa por 0,36 euros a hora

A investigación 'A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección' denuncia as "condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras en talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais".

Publicado Reportaxes
Sábado, 25 Xuño 2011 14:06

Munición contra unhas finanzas letais

Armas pacíficas por unhas finanzas éticas. É o principal móbil dos activistas da organización social Amarante para esixir a determinadas entidades e bancos unha inmediata retirada dos seus investimentos na industria armamentística.

Publicado Reportaxes

A actividade terá lugar este martes 14 de xuño ás 20.00 horas no local social de Amarante Setem en Pontevedra e versará sobre a ‘’Cooperativa Kinal Antzetik: o seu traballo sobre a simboloxía maia na canle do Comercio Xusto e as súas repercusións sociais.

14 bancos españois, entre os que destacan BBVA, Santander e Bankia, están implicados financeira e economicamente en 19 das principais empresas fabricantes de armas controvertidas que causan miles de mortes de civís en todo o mundo. Entre as armas destacan as PROHIBIDAS armas químicas, biolóxicas, as bombas de racimo e as minas antipersoas.

As bombas de racimo fabricadas en España en 2007 e usadas por Gadafi para bombardear Misrata foron financiadas por Cajalón, Caja España, Caja Mediterráneo, Bankinter, Ibercaja, Banco Popular, Banco Sabadell e La Caixa

O Ciclo de Documentais organizado en Bueu (Pontevedra) pola Asociación Mozas e Mozos de Beluso péchase este venres 26 de novembro coa preestrea de ‘Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’. O público que se achegue ás 22 horas ata o Centro Social do Mar terá a oportunidade de ver en primicia, con entrada de balde, o audiovisual elaborado pola ONGD Amarante Setem e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).

A organización galega inaugura un novo local nesta cidade o vindeiro 30 de outubro cunha degustación de produtos e cun mercadillo de troco entre outras iniciativas. Nas instalacións centralizarán a distribuidora de comercio xusto, unha sala de exposicións e un centro de recursos e actividades.

Entre as empresas que sinala a Campaña Roupa Limpa atópase a galega Inditex, que no 2008 tiña ó redor de 14.000 traballadoras repartidas nas distintas fábricas provedoras da área de Phonm Penh.

Publicado Mundo
Martes, 29 Xuño 2010 15:01

AGARESO en Ecuador: comercio xusto

Unha expedición composta por seis reporteiros de AGARESO co obxectivo de gravar en Ecuador un documental sobre o comercio xusto, ou como prefiren chamalo por estas terras, comercio alternativo.

Publicado Proxectos

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31