Estamos indubidablemente ante a pegada do cambio na política municipal. O máis estraño é o interese por borrar algúns proxectos do pasado que, hai uns meses, eran apoiados, referendados e consignados por un goberno municipal de parecida maquetación: BNG/PsdeG.O refuxio de animais non será unha realidade tan brillante como soñaban e demandaban os amantes dos animais.
A Comisión de Información e Sensibilización da Cámara de Deputados de Guinea-Bissau acaba de rematar o seu traballo en relación aos anteproxectos contra a mutilación xenital feminina e o trafico de persoas.
Os movementos sociais integrados na Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) e na campaña Pobreza Cero presentaron este mércores, en Compostela, os actos para acadar un Pacto Galego contra a Pobreza, nos que participa AGARESO.
Unha serie de cinco videos do intento de golpe de Estado en Ecuador, o pasado 30 de setembro. Toda a secuencia é un resumo completo do sucedido. Vídeos cortesia do programa 'La Televisión'.
Ecuador viviu o pasado 30 de setembro horas de incerteza durante a sublevación policial e a retención do presidente Rafael Correa. Nestes vídeos, cortesía da cadea de televisión RTS, resúmense estas horas de inquietude nacional.
Noso colaborador en Ecuador, Wilson Morales, descríbenos o ambiente que se viviu no seu país o día despois da sublevación da Policía.
O fotógrafo Wilson Morales, o noso colaborador en Ecuador, relátanos como viviu as horas de incerteza que se viviron na capital coa sublevación policial e a retención durante varias horas do presidente Rafael Correa nun hospital da Policía Nacional en Quito. Este é o relato en primeira persoa que o noso colaborador nos enviou ás 23.12 (hora local):
Movemento Ecolóxico de Venezuela (MOVEV) medra un 100% en votos nas eleccións parlamentarias e con case 120 mil votos é un dos partidos de maior crecemento no país.
As eleccións parlamentarias realizadas este 26 de setembro en Venezuela demostran o espírito democrático e o desexo dunha importante parte da poboación que busca un proxecto de país nacional e non simplemente a proposta 'socialista' que tanto dano e divisións causou dentro da poboación do país suramericano.
Nestes últimos días e tras a intervención dos presidentes Rodríguez Zapatero e Sarkozy na Reunión de Alto Nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que se celebrou na sede de Nacións Unidas en Nova York, volveuse a falar da Taxa Tobin como instrumento financeiro para sufragar as accións de loita contra a pobreza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics