A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e Amarante presentan este 7 de marzo, ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, a exposición '100% Attawassoul' e o documental '100% muller', cos que pretenden sensibilizar e denunciar a situación na que se atopan as mulleres traballadoras do Magreb. Estas actividades formas parte das 'Xornadas de Concienciación sobre a Igualdade de Xénero', que Amarante desenvolverá durante o mes de marzo nesta facultade, co motivo do Día Internacional da muller.
A investigación 'A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección' denuncia as "condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras en talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais".
| Proxecto |
Agareso en Marrocos |
| Localización | Marrocos |
| Data | Agosto 2008 |
| Equipo | Teresa del Rio, Carlos Fariña, Roi Palmás, Miguel Nuñez e Juan de Sola |
| Blog | http://agaresomarruecos.blogspot.com/ |
Coñecimos á súa nai ó pouco de chegar a Tánxer. Apenas levabamos 24 horas en Marrocos cando visitamos a asociación 100% Mamá. Un grupo de cinco reporteiros, membros de Agareso, impacientes por comeza-lo noso primeiro proxecto internacional de xornalismo social. A asociación é un espazo de liberdade onde as nais solteiras poden agarda-la chegada dos seus fillos e coidalos cando nacen, lonxe de miradas inquisitorias e de reproches.
Naoual era unha fermosa rapaza de pel escura. Naceu, probablemente, nun sitio pouco agraciado. O Marrocos profundo non adoita a ser un bo lugar nin para ser nena nin para ser pobre, e menos ainda para ser as dúas cousas á vez. Naoual medrou e co tempo fíxose muller. O que pasa é que foi muller demasiado cedo e experimentou en carne propia iso de ser mamá nun lapso de tempo excesivamente curto.
Natalia Puga/Lara Varela. Bendir Hadya é un soldado na reserva. Loitou co Frente Polisario desde o ano 1978 e, desde o alto ao fogo, traballa coma tradutor-guía para o Goberno saharaui á espera de retomar as armas como único camiño para recuperar o seu territorio. Co muro construído polos marroquíes como telón de fondo, contextualiza o conflito saharaui na fronteira entre ambos territorios.
O Tribunal de Apelación de Tánxer ratificou a pena de tres anos de cárcere para Jorge Cano e Juan José Ramírez, os dous mariñeiros españois aos que Marrocos acusa de tráfico de drogas.
Estímase que entre 600 e 700 migrantes subsharianos foron detidos durante varias redadas e levados posteriormente á fronteira entre Marrocos e Alxeria, onde quedaron abandonados a súa sorte sen comida nin auga.
Dous españois foron inxustamente acusados de traficar con drogas no Estreito. Perdéronse e acabaron na beira marroquí. Alí, as autoridades atribúenlles un cargamento sen probas. AGARESO investigou o caso e esixe a liberdade para Jorge e Juan nunha plataforma en Facebook.
Horizontes inundados por un estrito cumprimento dos Dereitos Humanos, a dignidade e a igualdade son os principais móbiles dos Perfís do Estreito.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics