"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Amosando elementos por tag informe

Reporteiros sen Fronteiras presenta en Madrid o seu Informe Anual 2011. Con 97 xornalistas asasinados, 174 encarcerados e máis dun milleiro de detidos, 2011 foi un dos anos máis duros que se lembran para a liberdade de prensa no mundo. Datos significativamente peores que os do ano anterior, aínda que as principais ameazas seguen sendo as mesmas.


Publicado Reportaxes

Polo menos 22.500 ugandeses foron obrigados a abandonar as súas casas para deixar paso a unha compañía británica madeireira, segundo denunciou Oxfam, nun informe publicado o día 22 de setembro, que pide unha investigación sobre os supostos abusos.


Publicado Reportaxes

Amnistía Internacional publica o seu Informe "Voces contra o Esquecemento" no que analiza a resposta da política exterior española na IX Lexislatura aos desafíos de dereitos humanos no mundo a través da súa actuación bilateral e multilateral.

A directora editorial da publicación falaRSE, Beatriz Lorenzo, reflexiona sobre a idea de que un modelo de goberno global sostible urxe cada vez máis na actual situación, non só económica, senón tamén social e xeopolítica.

Publicado Blog-Referencias

É posible interromper o ciclo da pobreza e a desigualdade a través do investimento nos 1.200 millóns de adolescentes de 10 a 19 anos de idade que hai no mundo. É a conclusión que se desprende do informe O Estado Mundial da Infancia 2011, publicado baixo o título A adolescencia: unha época de oportunidades.

Publicado Mundo
Martes, 15 Febreiro 2011 13:24

Crise e acción exterior de Galicia

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), dirixido por Xulio Ríos, ven de publicar o segundo informe anual “IGADI WW- We in the World 2011: Nós no Mundo”, baixo o título “Menos acción exterior para internacionalizarse máis?”, un documento que pretende sensibilizar e reflexionar sobre os principais parámetros e retos da acción exterior de Galicia en 2011.

Publicado Reportaxes

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31