Parte desta grabación fíxose en Cabo Verde o arquipélago africano onde Mónica González e Xacobe González, reporteiros de AGARESO, fixeron ducias de entrevistas a responsables locais dos proxectos de cooperación e aos beneficiarios. En total 9 horas de gravación que deberán resumirse en 20 minutos de reportaxe e que arroxaron datos como que as mulleres que non teñen auga corrente empregan ata 8 horas carretando auga para os seus fogares onde se pasa sede e se sofren enfermedades da pel e infecciosas pola falta de abastecemento.
Os protagonistas das entrevistas son os encargados locais de levar a cabo os proxectos de rehabilitación de vivendas , construcción de baños e avastecemento de auga para centenares de familias, ademais de proxectos de desenvolvemento local e de promoción da igualdade e equidade de xénero para acabar co maltrato, a discriminación, e a falta de participación política das mulleres.
Na illa de Santo Antón tamén se entrevistou a Antonio Neves, coordinador do proxecto III Plano de desenvolvemento da illa de Santo Antón; a Edna Silva, concelleira da área social, e a Nilton Rocha, técnico do gabinete de apoio á muller. Todos eles do municipio de Paúl. Ademais de falar co alcalde de Ribeira Grande, Orlando Delgado.
Xa na illa de Santiago entrevistouse ao presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos, Francisco Tavares, no concello de Santa Catarina. E na capital, Praia falamos con Gloria Silva, concelleira de servicios sociais que nos explicou a posta en marcha de auga corrente no barrio de Ponta D’Agua.
Tamén na capital conversouse co contable do Instituto Caboverdiano de Igualdade e Equidade de Xénero, Mario Marqués. Asimesmo falamos da campaña de implicación política da muller coas súas responsables, Catarina Cardoso e Maritza Rosábal.
Finalmente, na illa de Fogo no municipio de San Filipe o alcalde Eugenio Miranda falounos e visitou conosco as obras de abastecemento de auga as zonas de Cabeza Monte, Inhuco e Lagariça.











