"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes EAPN Madrid presenta os datos de pobreza e exclusión social para España utilizando o indicador europeo AROPE
Martes, 31 Xaneiro 2012 09:19

EAPN Madrid presenta os datos de pobreza e exclusión social para España utilizando o indicador europeo AROPE

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Os resultados do indicador AROPE para o 2010 mostran que máis de once millóns e medio de persoas en España, un 25.5% da poboación, están en situación ou risco de pobreza e exclusión social, un aumento de máis dun millón de persoas con respecto a 2009.


MADRID, 27 DE XANEIRO DE 2012. As cifras de 2009 e 2010 mostran un preocupante aumento de máis dun millón de persoas en risco de pobreza e exclusión (10.665.615 para o 2009, 11.666.827 para o 2010).

Este dato é calculado co indicador utilizado na Unión Europea, AROPE, que considera persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión social a aquelas que viven con baixos ingresos (60% da mediana do ingreso equivalente), e/ou as que sofren de privación material severa (4 dos 9 ítem definidos a nivel europeo) e/ou as que viven en fogares cunha intensidade de emprego moi baixa ou nula. Este grupo de persoas en Risco de Pobreza e Exclusión denomínase AROPE, nas súas siglas en inglés At Risk Of Poverty and/or Exclusion.

En maio do ano pasado, España propúxose chegar a unha cifra comprendida entre 9,1 e 9,2 millóns de persoas en risco de pobreza e exclusión, o que significa reducir nun millón e medio no período 2009-2019, de acordo cos resultados do indicador AROPE. Pola contra, entre 2009 e 2010 aumentouse precisamente nun millón de persoas en risco de pobreza e exclusión. Isto cuestiona profundamente a efectividade que as estratexias de loita contra a pobreza están a ter.

Os datos sinalan que é necesaria unha profunda transformación das políticas sociais en España para lograr os obxectivos de redución da pobreza e combater os efectos máis negativos da difícil situación económica. As diferenzas entre os datos de 2009 e 2010 mostran un avance claro da pobreza e a exclusión social, que as medidas e estratexias non lograron deter, menos aínda diminuír.

A crise económica está a afectar profundamente á sociedade no seu conxunto. Este aumento de persoas en risco de pobreza e exclusión social é un indicador das desastrosas consecuencias que a crise está a ter no benestar da cidadanía. Mostran ademais que é necesaria unha estratexia que aborde as desigualdades existentes entre as distintas comunidades e cidades autónomas.

Desde EAPN Madrid insistimos en que a inclusión social debe ser unha prioridade, e debe estar no centro da axenda do noso país. Unha redución dos niveis de pobreza e exclusión só se obterán se hai políticas decidido neste sentido. A experiencia de España é unha proba fiel de que o crecemento económico en por si non diminúe os niveis de pobreza. O reto pola inclusión social pasa por que os poderes públicos garantan o cumprimento dos dereitos sociais das persoas, e que se asegure a dotación de recursos suficientes para o cumprimento destes dereitos.

EAPN Madrid é unha asociación de 45 entidades non lucrativas cuxo principal obxectivo é a loita contra a exclusión social e a pobreza no ámbito da Comunidade Autónoma de Madrid. Para lograr esta Misión, a Rede EAPN Madrid está asociada á Rede estatal, e á Rede europea, coas que comparte obxectivos e metodoloxías e participa nas súas actividades.


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31