"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes A onde te pode levar non decir non á droga
Domingo, 22 Xaneiro 2012 22:01

A onde te pode levar non decir non á droga

Escrito por Sabela Cinza
Valore este artigo
(1 vote)
A onde te pode levar non decir non á droga UTE Teixeiro

AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.

Nunha primeira fase do obradoiro "Di-K-Non" os internos da UTE Teixeiro visitaban o I.E.SMoncho Valcarce (As Pontes). Nesta segunda parte son os alumnos os que se dan cita no centro penitenciario. Entran acompañados de tres profesoras, un concelleiro e unha psicóloga do Concello de As Pontes e a Directora de Asuntos Sociais da Fundación Barrié, María Isabel Pérez Martínez. A entrada na prisión, sen móbiles, chaves ou carteira, só co DNI, causalles impresión. A sensación continúa presente conforme van atravesando os controis de seguridade.

Unha vez dentro, as normas son claras: camiñar en silencio e de dous en dous. Comeza o percorrido polas instalacións onde se lles mostra o funcionamento da Unidade Terapéutica Educativa (UTE). Coñecen os talleres, a biblioteca, o comedor, o patio pero tamén as obrigas e responsabilidades que teñen os internos nese módulo.

As celas son a súa seguinte parada. Atópanse ordeadas e limpas aínda que, como saberán nese mesmo momento, isto é unha característica especial dos módulos de convivencia e respecto onde son os propios internos os que se encargan de manter nestas condicións o seu entorno. Os alumnos entran de dous en dous pero non con quen eles queren porque na prisión ninguén elixe ao seu compañeiro.

Entrégaselles unha carta que non poderán ler ata que se peche a porta da cela. Esta carta, real e impactante dende a primeira liña, está escrita por unha persoa que conta como o fai sentir que un familiar seu se encontre nun centro penitenciario, como a adicción ás drogas conseguiu que rematase aí dentro. Os alumnos lena e reflexionan mentres seguen encerrados. Ao finalizar a lectura deben describir, a través de cinco palabras a experiencia que acaban de vivir, o que sente ao poñerse na pel do outro. Son oito alumnos pero case todos escriben o mesmo: soidade, angustia, dor, nostalxia, arrepentimento, frío.

A continuación realízase unha terapia grupal, no mesmo lugar onde levan a cabo as da UTE, na que participan tamén os internos. Enriba da mesa póñense as palabras escritas no reverso da carta. A través delas inténtase chegar ao fondo do problema. Por que se empeza o consumo e por que faise cada vez a idades máis temperás.

Os internos convértense unha vez máis en educadores respondendo a través da súa experiencia. A tensión máscase no ambiente. O desafogo aumenta e con el as confesións sobre o uso de determinadas substancias ou a frecuencia deste.

Afloran historias como a dunha rapaza que aos seus 16 anos xa se declara cansa do ocio nocturno.

Os motivos que ofrecen os alumnos para o consumo de drogas son moi similares entre si: formar parte dun grupo, porque "faino o todo o mundo", porque se non "non molas". Non obstante, tras as dúas sesións do " Di-K-Non", a avaliación do taller que fai a UTE Teixeiro mostra os seguintes resultados: á maioría do alumnado pareceulle un taller interesante, no que voltarían participar e que aconsellarían ás súas compañeiras e compañeiros. Consideran que lles achegou novos coñecementos sobre o abuso das drogas, sobre as súas consecuencias así como ideas útiles para evitar o seu consumo que lles axudarán no seu futuro.

Información adicional

  • Subtítulo:
Sabela Cinza

Sabela Cinza

Nada en San Sadurniño en 1983, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca, realizou un Posgrao en Locución no mesmo centro educativo e un Master en Produción Audiovisual na Universidade de Alcalá de Henares e a FAPAE (Federación de Asociacións de Productores Audiovisuais Españois). Comezou a súa carreira profesional na radio no control de son e presentou unha sección nun programa televisivo en horario nocturno. Actualmente redacta artigos para páxinas web e fai locucións por encargo. Dende cativa tivo inquedanzas no ámbito do asociacionismo (pertencendo a entidades xuvenís e culturais) e o terceiro sector. É voluntaria de AGARESO.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31