"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Este ano, o Día Mundial da loita contra a SIDA céntrase nos esforzos para "Chegar a cero"
Xoves, 01 Decembro 2011 10:59

Este ano, o Día Mundial da loita contra a SIDA céntrase nos esforzos para "Chegar a cero"

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

A campaña da ONU márcase tres obxectivos: Cero infeccións novas por VIH, cero discriminación e cero mortes relacionadas coa SIDA.

Co respaldo das Nacións Unidas, a iniciativa «Chegar a cero» durará ata 2015 e constitúese sobre a exitosa campaña do Día Mundial da SIDA de 2010 «Light for Rights» que abrangue unha variedade de temas fundamentals identificados polas principais poboacións afectadas.


A resposta mundial contra o VIH encóntrase nun momento decisivo, no que están en risco os considerables avances logrados, e onde os enfoques actuais están a alcanzar o seu límite. Só un terzo das 15 millóns de persoas seropositivas que necesitan tratamento de por vida estano recibindo. As novas infeccións seguen superando o número de persoas que inicia o tratamento, mentres que a tendencia á alza na provisión de recursos se estancou este ano.

«Cero infeccións novas» e «Cero discriminación» teñen a mesma posibilidade de provocar eventos de gran repercusión, de pequena escala como vixilias comunitarias, así como eventos a nivel nacional que fagan uso do cero, que é recoñecido mundialmente, e do poder da luz, para xerar a atención apropiada aos temas da vida e a morte.

Dende o 1 de decembro de 2011 ata o 2015 prevese que as diversas rexións e grupos seleccionarán cada ano un ou todos os ceros que mellor se adapten á súa situación.

A decision de unir esforzos co obxectivo do milenio de «Chegar a cero» tomouse despois dun amplo debate entre as persoas seropositivas, activistas da saúde, a sociedade civil en xeral e moitos máis, que suman un total de máis de cen organismos.

Aínda que a visión para o Día Mundial da SIDA deste ano e os vindeiros pode parecer un anhelo, o camiño para lograla vén marcado con fitos concretos.

10 obxectivos para 2015:

* Reducir á metade a transmisión sexual do VIH, tamén entre os mozos, os homes que teñen relacións sexuais con homes e no contexto do comercio sexual;

* Rematar coa transmisión vertical do VIH e reducir á metade a mortalidade materna relacionada coa sida;

* Evitar que se produzan novas infeccións polo VIH entre os usuarios de drogas;

* Proporcionar acceso universal á terapia antirretrovírica ás persoas seropositivas que reúnen as condicións para recibila,

* Reducir á metade as mortes a causa da tuberculose entre as persoas que viven co VIH;

* Garantir que as persoas seropositivas e os fogares afectados polo virus se inclúen nas estratexias de protección social nacionais, e que teñen acceso a servizos básicos de atención e apoio;

* Reducir á metade o número de países que aplican leis e prácticas punitivas en torno á transmisión do VIH, o comercio sexual, o consumo de drogas ou a homosexualidade;

* Eliminar as restricións á entrada, a estanza ou a residencia relacionadas co VIH na metade das nacións que as aplican;

* Garantir que polo menos a metade de todas as respostas nacionais ao VIH atenden as necesidades relacionadas co virus de mulleres e nenas;

* Non tolerar a violencia baseada en cuestións de xénero.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31