"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Estrea do documental sobre persoas con discapacidade 'Palestina sen Barreiras'
Martes, 04 Outubro 2011 08:19

Estrea do documental sobre persoas con discapacidade 'Palestina sen Barreiras'

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
Estrea do documental sobre persoas con discapacidade 'Palestina sen Barreiras' Fran Méndez

ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

As ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) dan comezo este martes 4 de outubro ás 16.00 horas a esta actividade no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (UVIGO) en Ourense coa proxección do documental ‘Palestina sin Barreiras’.

Este ciclo de cinema enmárcase na campaña de sensibilización ‘Camiños de Paz: As Outras Voces de Israel e Palestina’, que ten como obxectivo achegar á cidadanía galega, desde a perspectiva dos dereitos humanos e do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), a situación en Oriente Próximo e o traballo realizado por ACPP, AGARESO e a sociedade civil Palestino-israelí co fin de lograr unha solución pacífica do conflicto desta zona.

Durante os días 4, 10 e 17 de outubro proxectaránse diferentes documentais que mostran as condicións nas que viven os pobos palestino e israelí tras a situación de conflito, a violación de dereitos humanos, o papel das organizacións paficistas, da sociedade civil e da comunidade internacional. As as proxeccións serán ás 16.00 (días 4 e 17) e 19.00 horas (día 10) e irán seguidas dun debate acerca da realidade amosada por cada filme.

Os documentais que forman parte deste ciclo son:

Martes 4 de outubro: ‘Palestina sin Barreiras’ (AGARESO e ACPP). Mohammed Naser. Dalal Altegi. Mohammed Abed. Son tres cidadáns palestinos con discapacidade que sofren os efectos do conflicto bélico entre árabes e israelíes. ‘Palestina sin Barreiras’ é unha viaxe ao sufrimiento das persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas e de mobilidade. Pero, sobre todo, é unha viaxe á esperanza.

Luns 10 de outubro: Dúas proxeccións:

- “Palestina: A agua ocupada” (Asemblea de Cooperación pola Paz). Un documental de 21 minutos acerca do Theatre for Everybody, un grupo de teatro palestino que, coa súa obra “Maye, maye” (Auga, auga), trata de sensibilizar á poboación de Gaza acerca da importancia dun bo uso e aforro da auga. Pero esta importancia non se debe unicamente á escaseza ou ao cambio climático. Gaza está baixo asedio e a vida, ás veces, convértese en supervivencia.

- “Resisting the occupation” (ICAHD: Comité Israelí Contra a Demolición de Casas). Un documental de 24 minutos sobre a tarefa da organización ICAHD, realizado polos mesmos, que mostra a súa resistencia pacifica ás demolicións de casas palestinas nos territorios ocupados.

Luns 17 de outubro: “Ao outro lado” (Julio Azcárate). Recolle como no mes de setembro de 2005 un grupo de xuristas realiza unha viaxe a Palestina co obxectivo de comprobar sobre o terreo as consecuencias que tivera a Opinión Consultiva da Corte Internacional de xustiza de 9 de xullo de 2004 pola que declaraba contrario ao dereito Internacional o Muro que o Estado de israel está construíndo no territorio palestino ocupado. En concreto, tratábase de observar o estado actual da construción do Muro, a politica israelí respecto diso e a situación real da poboación palestina afectada.


Palestina sin barreras from Asamblea de Coop. por la Paz on Vimeo.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31