"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes A loucura da guerra
Martes, 30 Agosto 2011 11:38

A loucura da guerra

Escrito por Antonio Pampliega Rodríguez
Valore este artigo
(3 votos)
A loucura da guerra Antonio Pampliega Rodríguez

O xornalista Antonio Pampliega Rodríguez analiza nesta reportaxe o trato que reciben as personas con problemas psicolóxicos en Afganistán. Son os olvidados dunha guerra.

Antonio Pampliega Rodríguez / Afganistán

O seu rostro, recortado polas sombras da cela, está deteriorado polas penurias da vida que lle tocou vivir. Cada engurra é unha puñalada no máis profundo do seu corazón. Inexpresivo, crava os seus ollos sen vida na inmensidade das catro paredes nas que vive dende fai pouco máis de catro anos. Hai tempo que está morto en vida. Condenado a vagar entre os mortais cual espectro etéreo. Esta condenado... ou mellor dito, a guerra encargouse de condenalo a morrer en vida.

Paséase no interior da súa cela cual fera ferida... Permanece encerrado. Sen ter contacto con outro ser humano; esa é a súa condena. "É moi perigoso. Non pode estar xunto a outros pacientes porque lles atacaría e algún podería resultar gravemente ferido", afirma Mohammad Kabir, asistente do centro psiquiátrico de Herat. Alí, como se chama este mozo de 20 anos de mirada ameazadora, leva catro anos ingresado neste centro dedicado, exclusivamente, a tratar enfermos mentais. Unha mañá o mundo de Alí detívose e deixou de ser aquel neno risoño. Un comando talibán irrompeu na súa casa e asasinou, a sangue frío, a toda a súa familia diante del. Aquela imaxe quedou gravada a lume na mente deste mozo hazara. A guerra non se pode medir só polas bombas... ha cicatrices que non se ven, tan profundas que son capaces de murchar, pouco a pouco, unha persoa.

O caso de Ali non é unha excepción. O 70% dos afgáns teñen algún tipo de problema mental por culpa da guerra. 30 anos de matanzas e morte. 30 anos de horror e sen sentido causaron efecto nunha poboación que, por desgracia, empeza a estar demasiado afeita a tanta barbarie. Neste centro psiquiátrico de Herat 80, dos 125, internos teñen problemas mentais por culpa da guerra. Problemas que lles obrigan a estar encerrados tras grosos barrotes ou encadeados con elos de aceiro que socaban a súa dignidade como persoas e que os converten en feras engaioladas. Mortos en vida. Fantasmas ausentes da realidade; que ven pasar o tempo mentres se murchan ao mesmo ritmo que o país.

Abdul Hamid encóntrase na cela contigua a Alí, a súa historia moi similar. "Os talibáns entraron no val de Bamiyán e mataron os meus pais. Quedei completamente só. Durante oito anos vivín escondéndome da xente. Apartado de todos e de todo. Cando vía un descoñecido atacábao con todas as miñas forzas porque pensaba que viña a matarme. A miña vida era un auténtico pesadelo porque non podía distinguir o que era real e o que non o era. Un amigo da miña familia encontroume e tróuxome a este centro", conta Abdul mentres xoga coa cadea que ten aferrada ao seu nocello. Leva dous anos encerrado neste sinistro lugar; que máis que un psiquiátrico parece un cárcere.

Os pacientes viven en condicións infrahumanas a pesar de estar baixo o amparo da Media Lúa Vermella. Tirados no chan... son refugallos humanos. Os muros deste centro son o vertedoiro onde os afgáns botan aquilo que non queren ver e prefiren esquecer. Aquí encárganse de esconder as vergüenzas do seu país. Ninguén oíu falar deste lugar. Pero é real. Tan real como os pesadelos que atormentan, cada noite a Abdul. Algúns dos pacientes deste zoo humano non só teñen problemas mentais, os seus corpos acernados por unha bomba ou unha mina reflicten a historia de Afganistán. Cada un ten un pasado... pero o seu futuro é común: Esperar a que a parca se pasee por este cotroso lugar cobrándose os billetes que dan dereito a viaxar ao inframundo.

Le o artigo completo no blog Objetivo Afganistán.

Información adicional

  • Subtítulo:

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31