Os comunicadores editaron unha serie de videos para dar voz aos refugiados que se amorean nos campamentos de Remada y Dehiba (ao sur de Túnez) e de todos aqueles que cruzan la fronteira fuxindo da guerra, especialmente ás familias procedentes das localidades de Yefrén ou Nalut, na cordilleira de Nefusa, unha das zoas máis quentes nestes momentos.
Este vídeo de Omar Havana gravouse no campamento de Dehiba, a dous quilómetros da fronteira libia. O campamento, está xestionado pola Media Lúa Vermella dos Emiratos Árabes. A xestión é máis que boa, e mesmo os refuxiados reciben un pequeno salario diario. A única pega reside en que a proximidade do campo coa fronteira é moi estreita e non se adoita librar dos mísiles que se lanzan dende Libia por parte das tropas pro-Gadafi. Así mesmo resultou asaltado por membros leais ao réxime nun par de ocasións, nunha destas incursións un neno de 9 anos, refuxiado no campo, resultou ferido por ferida de bala ( teño fotos do pequeno). A entrevista do vídeo quere reflectir a denuncia por parte do pobo libio para que se deixen de cometer ataques á poboación civil. Eu destaco o papel das mulleres neste vídeo. Elas, as eternas silenciosas, toman a voz e as armas se é necesario. Creo que é canto menos sorprendente.
O seguinte vídeo amosa unha realidade similar pero ben distinta á vez. Campo de Remada, xestionado por ACNUR. As condicións de insalubridade e desorganización son máis que evidentes. O único enfermeiro semi-permanente do campamento, pide a actuación da comunidade Internacional ante o que pode supoñer unha catástrofe humanitaria. As imaxes, que acompañan ao vídeo puidémolas tomar a pesar dos fusís que nos apuntaban.
Este terceiro vídeo é a chamada dunha asistenta social libia residente en Londres e que de xeito voluntario asiste os refuxiados que van chegando á cidade tunecina de Tataouine. Outro berro desesperado. A entrevista está gravada nunha localidade próxima a Chenini onde tivo lugar unha conferencia semi-clandestina de membros da etnia Amazigh, fortemente castigada polo réxime de Gadafi.
Este último vídeo serve de homenaxe de Omar Havana e Amaia López de Munain "para todos aqueles que nos deron a súa voz, sen outro propósito de que sexa escoitada".
Pode ler os artigos escritos por Amaia López de Munain nos seguintes enlaces de AGARESO:
Cando a botella está medio baleira.











