No xerme desta convocatoria está a afirmación: “Nós os desempregados, os mal remunerados, os subcontratados, os precarios, os mozos… queremos un cambio e un futuro digno. Estamos fartos de reformas antisociais, de que nos deixen no paro, de que os bancos que provocaron a crise súbannos as hipotecas ou queden coas nosas vivendas, de que nos impoñan leis que limitan a nosa liberdade en beneficio dos poderosos. Acusamos os poderes políticos e económicos da nosa precaria situación e exiximos un cambio de rumbo”.
Con este discurso como punto de partida, creouse esta plataforma mediante a que se busca axudar a coordinar unha acción global e común entre todas aquelas asociacións, grupos e movementos cidadáns que, a través de distintas vías, están a tentar contribuír a que a actual situación cambie.
Esta convocatoria cidadá e apartidista forxouse á calor de internet e das redes sociais, a través dun grupo de discusión completamente informal denominado “Plataforma de coordinación de grupos prol-mobilización cidadá”, cuxo único fin é fomentar a discusión aberta entre todos aqueles que queiran implicarse na preparación e coordinación de accións comúns.
Na mesma participan persoas de toda condición en calidade de cidadáns desconformes co actual sistema político e económico. Algúns actúan a título individual e outros pertencen a plataformas cidadás, foros, blogs ou páxinas e grupos das redes sociais. Entre elas atópase AGARESO, pero pode ver algúns aquí.
Esta Plataforma non organizará, fomentará nin tolerará ningún tipo de violencia, actos vandálicos, racistas, homófobos ou xenófobos por parte de persoas, grupos ou asociacións adheridas á mesma. Este é un movemento pacífico.
A plataforma considera que o uso de actos violentos e/ou vandálicos soamente dá lugar a malestar e enfrontamentos e que non axuda, en ningún caso, aos obxectivos desta proposta. Sostén que o camiño para lograr os devanditos obxectivos pasa por actuacións pacíficas, e en todo caso, desobediencia civil. Por tanto, a Plataforma manifesta claramente a súa repulsa aos devanditos actos violentos.
A lista de cidades nas que se realiza a convocatoria pode consultarse aquí.
Pode ler o manifesto en galego aquí.
Se ten calquera tipo de dúbida ou consulta, pode contactar a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Pode atopar reflexións acerca desta manifestación no blog Referencias.
Pode seguir a manifestación celebrada en Vigo aquí.
Pode seguir as novas acampadas e protestas aquí.
Pode seguir a protesta celebrada en Pontevedra aquí.











