"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes De vehículo de emerxencias a ambulancia de mascotas
Luns, 21 Febreiro 2011 11:45

De vehículo de emerxencias a ambulancia de mascotas

Escrito por Natalia Puga
Valore este artigo
(0 votos)
Interior do vehículo adaptada para mascotas. Interior do vehículo adaptada para mascotas. Protección Civil de Meis.

Os animais son os mellores amigos do home e, especialmente, as mascotas. Para recoñecerlles este gran labor, desde hai uns meses, contan no concello pontevedrés de Meis cunha ambulancia para mascotas. Trátase da vella ambulancia de Protección Civil, que cumpriu os seus anos de vida útil e foi adaptada para que pase a beneficiar aos animais.

O xefe da Agrupación de Protección Civil de Meis, Jorge Fariña, quere matizar que non se trata, exactamente, dunha “ambulancia para mascotas”. Con este termo “pódese entender que agora imos nela a atender urxencias de animais”, pero si recoñece que este concello pasou de ter unha ambulancia para urxencias de persoas a un vehículo usado para o transporte de animais.

Cando a ambulancia actual cumpriu o seu oito anos de vida útil, a opción que quedaba era vendela e sacarían dela un prezo inferior a 1.000 euros. Este diñeiro non solucionaría ningún problema á agrupación, con todo, pensaron en que reciclándoa si darían un bo servizo á poboación.

Desde que se reciclou, esta nova ‘ambulancia’ xa realizou numerosos servizos. Os máis habituais están asociados coa recollida de mascotas, fundamentalmente, cans e gatos, que están abandonados na rúa e o seu traslado aos refuxios de animais para que reciban coidados nestas instalacións.

Para iso, Protección Civil adaptou a ambulancia antiga retirando a padiola e equipándoa cun transportín para cans ou gatos co fin de poder trasladalos sen que sufran ningún contratempo na viaxe.

O servizo desta particular ambulancia tamén serve de apoio para a Unidade Canina do Corpo de Bombeiros do Salnés, da que forma parte Jorge Fariña. “Cando hai algunha urxencia, usámolos como vehículo de transporte e como tamén levamos vendas e outro material para coidados sanitarios, se algún animal necesita unha primeira atención dámoslla”, explica.

A Agrupación de Protección Civil de Meis tamén colabora coa Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA).


Información adicional

  • Subtítulo:
Natalia Puga

Natalia Puga

Nada en Pontevedra en 1982, é licenciada en Xornalismo poa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidad Pontifiicia de Salamanca (UPC) e posúe formación superior en Deseño Gráfico e Publicidade e Relacións Públicas. Os inicios da súa carreira profesional estiveron enfocados á prensa escrita como redactora dos xornais galegos Faro de Vigo e Diario de Pontevedra e na axencia de noticias Europa Press, pero tamén ten experiencia no campo da comunicación corporativa como asesora dunha empresa do sector da construcción. Na actualidade é colaboradora da delegación de Galicia de elmundo.es e comezou a enfocar a súa carreira profesional e inquedanzas formativas cara o campo do terceiro sector. Dende 2009 é vicepreisdenta da ONGD AGARESO e dende 2010 coordinadora de Proxectos da entidade.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

1 Comentario

  • Comentar Link lilia hernandez Xoves, 29 Setembro 2011 13:31 enviado por lilia hernandez

    hola soy lilia , quiero saber si me pueden dar el numero tel de la ambulancia para alguna urgencia

    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31