Hai quen diría que dous presos non teñen nada que ir facer a un instituto, que dous reclusos do penal da Lama non poden ensinarlles ningunha cousa boa aos alumnos de 4º da ESO do IES As Barxas, no municipio pontevedrés de Moaña. Quen diría todo isto, equivócase. Carmelo e Lolo non son profesores, pero dende a mesa do mestre poden dar leccións máis valiosas cas que aparecen nos libros de texto.
Dependencia, tolerancia, síndrome de abstinencia… a charla sobre prevención de drogas comeza coa definición de conceptos que, sorprendentemente, estes rapaces de 15 e 16 anos teñen bastante claros. Ao igual que outros compañeiros están facendo ao mesmo tempo en distintas aulas do centro escolar, os dous internos do Módulo Educativo Terapéutico (MET) cóntanlle á clase que os consumidores se dividen en experimentais, ocasionais e habituais. Explican que hai drogas depresoras coma o alcol e a heroína, estimulantes coma a cocaína e a nicotina e perturbadoras coma o haxís e o éxtase. Todas elas cuns efectos e uns riscos determinados.
A teoría, narrada por dous ex toxicómanos dende a experiencia e coas aportacións puntuais dos alumnos, resulta cando menos interesante. Pero no ambiente nótase que os mozos queren ir máis aló, queren un relato en primeira persoa. Unha man alzada dende a terceira fila rompe o xeo: “Yo tengo una pregunta, ¿qué tomábais vosotros?”
Cesan os marmurios de fondo para escoitar a resposta: “Heroína, cocaína, pastillas… casi de todo”. Carmelo é o primeiro en abrirse, sabe que o obxectivo desta actividade é que os máis novos non cometan os seus mesmos erros. “Mi problema era la heroína, pero una droga te lleva a la otra: el estado de adormecimiento que te causa la heroína quieres contrarrestarlo con la cocaína”, conta, e segue: “La heroína te demacra, de deja roto como persona, el síndrome de abstinencia te casca rápidamente”.
Xorde un novo interrogante: “¿Y por qué empezaste a tomarla?”. “Hace 25 años no se daba la gran información que hay hoy; por causas de la vida un hermano mío mayor se enganchó, y uno llevó al otro, y el otro llevó al otro, y así fue la cadena en el barrio”, relata Carmelo. Despois de pasar polo reformatorio e por diferentes centros penitenciarios, este canario de 33 anos leva tres sen probar as drogas grazas ao programa MET. “Aquí me dieron la oportunidad de salir, y además me estoy conociendo como persona, porque antes era un animal”, asegura. Contar coa axuda necesaria é fundamental, pero tamén a vontade de acabar con esa autodestrución, porque “hasta que tú decides dejarlo no hay nada que hacer”.
No caso de Lolo, o salto ás drogas duras foi da man da cocaína, esa substancia que mesmo hoxe semella socialmente case aceptada pero que é unha das que máis dana o cerebro. “Yo empecé por el típico grupito de amigos y porque era un poquito cortado para entrarle a las chicas”, conta Lolo. “Empiezas el fin de semana, pero luego la cocaína te va llevando a otras drogas, porque lo que te da es euforia, llegas a casa y no puedes estarte quieto, no eres capaz de dormir y buscas otra droga para bajar esos efectos, en mi caso la heroína”, explícalles aos rapaces da súa mesma vila, Moaña. “Yo echaba una campaña en la mar y cuando llegaba, lo que ganaba en seis meses de marea, me lo fundía todo en siete días que pasaba en casa”. Agora leva un ano limpo, pero aos seus 42 anos e consumindo dende os 16, doe botar a vista atrás: “Perdí a mi familia, perdí a mi mujer, perdí el trabajo que conseguí en tierra… lo perdí todo”.
Os alumnos recoñecen que o tabaco, o alcol e os porros son as primeiras drogas coas que se t
oma contacto, por influencia do grupo de amigos, “porque tú no vas a ser menos”. Carmelo pídelles que se paren a pensar “¿Quién es el listo en esa situación?”. Despois do que acaban de relatar, non hai lugar á dúbida porque “¿Donde acaba el que dice que sí? En el mejor de los casos, en prisión”. “Puedes pensar que para ser alguien necesitas llevar una copa en la mano o meterte una raya, pero es una sensación errónea”, lembra Lolo. De feito, a cocaína xera paranoia e o alcol provoca o único síndrome de abstinencia que pode chegar a matar.
Os rapaces das Barxas senten curiosidade pola vida no cárcere e os conflitos que poden xurdir nun espazo coma o Módulo Educativo Terapéutico. Alí os internos aprenden a valorarse a si mesmos e aos demais, a sobrelevar responsabilidades, a respectar os turnos de palabra, a acadar consensos… En definitiva, aprenden a convivir. “Yo antes hacía lo que me daba la gana y, si no, me ponía agresivo. Una vida relativamente normal como la que hacen ustedes, yo no la llegué a conocer hasta hace tres años”, asegura Carmelo, a quen hoxe case non recoñecen nin os seus propios compañeiros.
Son os mesmos reclusos os que impiden que entre a droga no seu módulo, aínda que “cuando vienen los altibajos, lo primero que te pasa por la mente es consumir para quitarte el problema de la cabeza, pero en realidad no te quitas nada, el problema sigue estando ahí, lo único que consigues es añadir un problema más”. Carmelo e Lolo son conscientes de que cando saian as drogas van estar ao seu redor e terán que continuar co programa de rehabilitación, pero están decididos a saír adiante.











