A Coordinadora Galega de ONGD vén de organizar en Santiago de Compostela o curso 'Dereito á alimentación e soberanía alimentaria', onde os dous relatores principais fixeron un oco para atender os micrófonos de Agareso Radio.
Download Embed Insertar este video en tu web
Gustavo Duch, colaborador de movementos e campañas neste eido, é un dos fundadores de Veterinarios sin Fronteras e autor de 'Lo que hay que tragar' e 'Alimentos Bajo Sospecha'.
A Coordinadora Galega de ONGD vén de organizar en Santiago de Compostela o curso 'Dereito á alimentación e soberanía alimentaria', onde os dous relatores principais fixeron un oco para atender os micrófonos de Agareso Radio.
Download Embed Insertar este video en tu web
Esther Vivas, activista altermundista, representante de Izquierda Anticapitalista, forma parte do Centro de Estudos sobre movementos sociais da Universitat Pompeu Fabra e colabora coa Universitat Autònoma de Barcelona. Asina libros como 'Del Campo al Plato' ou 'Resistencias globales, de Seattle a la crisis de Wall Street'.
Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. Ademais, o 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.
Entre o 18 e o 21 de agosto, 400 delegados de 34 estados europeos reuníronse na cidade austríaca de Krems, no primeiro Foro Europeo para a Soberanía Alimentaria. Despois de cinco días de intercambio construtivo e inspirador, o Foro Europeo de Soberanía Alimentaria clausurou as súas sesións. No encontro, que tivo lugar na cidade de Krems, adoptouse a primeira Declaración Europea pola Soberanía Alimentaria.
Un encontro clave para promover a transformación do sistema agrario e alimentario. Os participantes debaterán sobre as políticas agrarias europeas, incluíndo a súa responsabilidade nas crises alimentarias, e sobre o fomento de alternativas social, ambiental e economicamente sostibles ao modelo agrario e alimentario.
Durante a conferencia "Agronegocios e políticas de Fame en África: quen son os verdadeiros beneficiarios? " que tivo lugar o pasado fin de semana en Durban, Sudáfrica, organizacións de máis de 15 países, analizaron as ameazas da expansión do agronegocio en África. Amigos de la Tierra Internacional lanzou dous novos informes relacionados co tema, con estudos de casos sobre agricultura a pequena escala, a loita polo acceso á terra e a protección da biodiversidade. Ademais, un dos informes céntrase por completo no papel das mulleres no Sur rural.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics