A conformación do Movemento Ecolóxico de Venezuela como partido político expón a posibilidade real de expresar o marco ideolóxico dos movementos verdes, que é algo que vai mais alá da democracia simplista onde a maioría ten a razón e a minoría acata, esta formulación transcende polo feito de involucrar os intereses do medio ambiente e os seus poboadores.
Desde hai uns anos, periodicamente, os medios fanse eco en grandes titulares de estatísticas, cifras, porcentaxes sobre os rapaces e rapazas que non son quen de acadar o nivel de rendemento medio para a súa idade na escola ou no instituto. Estamos a referirnos, polo tanto, a resultados académicos, ás calificacións, ou o que é o mesmo, a suspensos, en terminoloxía máis popular. Tamén falamos de mozos e mozas que abandonan o ensino obrigatorio sen a titulación axeitada para a súa idade, é dicir, aqueles que non acadan o título académico mínimo no remate da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), nada menos que despois de cursar dez cursos escolares, e a quen culaificamos, sen rubor, como persoas “fracasadas”.
O Movemento Ecolóxico de Venezuela do Distrito Capital observa con gran preocupación a iniciativa de construír sobre a cota permitida no Parque Nacional Guaraira Repano, proposta polo Executivo Nacional e violatoria das leis de zonas protexidas consideradas legalmente como Áreas de Réxime de Administración Especial (ABRAE) polo seu valor ecolóxico.
A orixe última da celebración do FORO 2010 en Santiago de Compostela está no 25 Aniversario do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985-2010). Cando empezamos a pensar en como facer esta conmemoración optamos entre mirar para nós mesmos (un libro de homenaxe, un documental, un acto laudatorio con intelectuais, artistas, amigas e amigos), é dicir, unha autofelicitación, ou pensar en organizar algo cara a fora, por exemplo, un evento de relevo internacional coas entidades que traballan, como a nós, pola cultura da paz, e desde a perspectiva de iniciar un proceso que sacara a cada organización do seu ensimismamento natural e consorciar algo cooperativamente que fose significativo.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics