"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Comunicación ambiental Amosando elementos por tag agricultura
Amosando elementos por tag agricultura

A educación é o piar fundamental do desenvolvemento, pero non en todos os contextos é útil o mesmo tipo de formación. Cando os recursos económicos escasean e os nenos e nenas deixan a escola para axudar aos seus pais no seu traballo, hai que pensar en equilibrar a teoría e a práctica. Pensar en que tipo de educación contribuiría a mellorar as súas condicións de vida. Este é o obxectivo dos proxectos educativos da Asociación Chira e Educación sen Fronteiras.

Publicado Reportaxes

O director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Alller, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, xunto ao resto da delegación, tiveron este mércores unha intensa xornada de traballo e verificación de proxectos no departamento de Piura, o norte de Perú.

Publicado Reportaxes

Se non se protexen os ecosistemas, as necesidades de auga para alimentar os 9.000 millóns de persoas que habitarán o planeta en 2050 duplicaranse.

Do 8 ao 10 de outubro desenvolveuse en Cortes da Fronteira (Málaga) o VII Foro por un mundo rural vivo organizado por Plataforma Rural e co apoio da Universidade Rural Paulo Freire Serranía de Ronda, o Concello de Cortes da Fronteira, o I.E.SPérez Serrano e o CIJ Iruá. Un total de 245 participantes pertencentes a distintas organizacións sociais do medio rural español debateron sobre políticas globais e locais que afectan a este ámbito baixo o lema: "Agriculturas e pobos para alimentar ao mundo e arrefriar o Planeta". Con el preténdese chamar a atención sobre a importancia de poñer en prácticas políticas de desenvolvemento rural que estean baseadas na agroecoloxía e a agricultura familiar como claros expoñentes de prácticas agrarias que reducen a emisión de CO2 á atmosfera, fronte ao modelo agroindustrial de alto prexuízo para o planeta. Noutras cuestións que se abordaron insistiuse na necesidade de:

 


Un cambio das Políticas Agrarias Comunitarias (PAC) que están baseadas nun sistema agroalimentario globalizado, con vinculacións a un comercio viciado cara á gran distribución, o acaparamento de terras e un gran volume de emisións de CO2 á atmosfera. Un medio rural dedicado á produción de alimentos e a xestión ecolóxica dos recursos naturais e do territorio, require dun cambio nos modelos produtivos e nas políticas públicas que privilexian un sistema agroalimentario globalizado insostible, que especula coa terra e cos alimentos: co dereito á soberanía alimentaria, é dicir a producir e a consumir alimentos sans de xeito xusto. 

Neste sentido, entre outras cousas, faise imprescindible a implementación dunha lexislación específica para a produción e transformación artesanal (caso francés), fronte ás normativas hixiénico-sanitarias que potencian procesos homoxéneos e estandarizados pola industria agroalimentaria e a gran distribución organizada segundo os seus criterios de inocuidade e seguridade alimentaria.


Un cambio nas políticas públicas baseadas no desmantelamento e a privatización dos servizos públicos. As bases para manter un mundo rural vivo pasa por denunciar como estas afondan os problemas demográficos e sociais do medio rural, afectando especialmente ás mulleres rurais que se ven sobrecargadas ao ter que cubrir os déficits de servizos sociais. De feito, a perspectiva de xénero considérase como un enfoque imprescindible para mellorar a calidade de vida das propias mulleres e para a saúde democrática da sociedade: a participación e a horizontalidade ha de estar incluída en calquera proposta de cambio social.


Unha posta en valor da identidade e a cultura rural como un espazo privilexiado para promover unhas referencias éticas que aposten por outro modelo de sociedade local e global, no que a agricultura, a natureza e a alimentación estean intimamente ligadas na busca da sustentabilidade. Neste sentido, considérase que a educación é un ámbito imprescindible no que reivindicar o valor do rural, igual que na imaxe que do rural se ofrece nos medios de comunicación. Unha imaxe que debe ser construída dende o propio contexto rural e non polos parámetros do progreso e a modernidade das cidades. O obxectivo é acabar co enfrontamento e a distancia social entre o medio rural e urbano. A participación e a implicación dos habitantes do medio rural é básica para a construción da nova ruralidade, ao que han de sumarse as formulacións dos movementos sociais urbanos, e de calquera que busque outro modelo de desenvolvemento rural e global.
 

Por outro lado, quérese facer especial fincapé en denunciar a criminalización e a represión dos movementos sociais que apostan por outro modelo de desenvolvemento rural. Así en Andalucía actualmente a organización Sindicatos de Obreiros do Campo (SOC) está a ser obxecto dunha forte campaña contra os seus integrantes. Unha mostra máis da falta de lexitimidade dunha democracia que non está ao servizo das persoas.


En síntese, as organizacións, colectivos e persoas presentes neste VII Foro de Plataforma Rural, organizadas territorialmente comprometéronse a levar a cabo diferentes accións sobre cada un dos ámbitos temáticos que se discutiron e analizado durante estes tres días. A revalorización da identidade rural e a defensa do territorio, a aposta por modelos de agriculturas campesiñas con biodiversidade, as canles curtas de comercialización, polo non desmantelamento dos servizos públicos, contra a criminalización e represión dos movementos sindicais agrarios, a loita por unha normativa apropiada para un modelo de desenvolvemento rural agrario e social que aposta por unhas agriculturas con agricultores e agricultoras, pola soberanía alimentaria.

 

Publicado Mundo

Axenda