Tras unha intensa mobilización de organizacións sociais, ecoloxistas e campesiñas, o Comité Valenciano de Organismos Modificados Xenéticamente, dependente da Consellería de Agricultura, rexeitou este perigoso cultivo.
O obxectivo deste arroz transxénico é obter encimas para o tratamento da enfermidade de Gaucher. Non obstante, existen xa varios tratamentos para esta enfermidade que se obteñen a partir de enxeñaría xenética dentro de ambientes confinados en laboratorio, o que convertía este experimento é claramente innecesario e con fins puramente comerciais. Os riscos deste tipo de experimentación son demasiado elevados, e son xa varios os casos de contaminación da cadea alimentaria por transxénicos experimentais, algúns deles con cultivos tamén de arroz.
A forte presión social tivo lugar a través das iniciativas de diversas organizacións sociais, ecoloxistas e campesiñas, nas que o movemento 15 M de Castelló tamén se involucrou, instalando postos informativos sobre os transxénicos nas diversas prazas da provincia, facendo chegar este tema á sociedade civil. Organizáronse charlas e debates abertos, ademais dunha ciberacción na que participaron máis de 5000 persoas, e a presentación por rexistro de máis de 500 solicitudes pedindo a anulación do permiso deste campo de cultivo.
Como resultado deste movemento cidadán conseguiuse que o pleno do concello de Vinaròs, declare o municipio libre de transxénicos. Non obstante, séguense realizando decenas de experimentos con transxénicos en todo o país, e España segue sendo o único Estado membro da UE que cultiva transxénicos comerciais (millo) a grande escala.






