"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Comunicación ambiental Aumenta a carencia de auga para produción agrícola
Luns, 22 Agosto 2011 21:29

Aumenta a carencia de auga para produción agrícola

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)
Aumenta a carencia de auga para produción agrícola ONU

Se non se protexen os ecosistemas, as necesidades de auga para alimentar os 9.000 millóns de persoas que habitarán o planeta en 2050 duplicaranse.

Así o afirma un informe publicado polo Programa da ONU para o Medio (PNUMA) e o Instituto Internacional de Xestión de Auga.

O documento subliña que actualmente 1.600 millóns de persoas viven en zonas xa afectadas pola carencia de auga e que se nada cambia, esa cifra pronto podería alcanzar os 2.000 millóns.

O texto advirte que se se manteñen as mesmas prácticas agrícolas, a urbanización crecente e os réximes alimentarios actuais, a cantidade de auga necesaria para a agricultura aumentaría entre un 70 e un 90% para 2050.

Para reverter esa situación, o informe propón o establecemento de agroecosistemas, que busquen un balance entre a ecoloxía e a agricultura que permitan aumentar a produtividade agrícola, preservar a auga e a protección dos ecosistemas.

agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


Axenda