"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Reportaxes Comunicación ambiental
Comunicación ambiental
Comunicación ambiental

Comunicación ambiental (43)

Luns, 13 Febreiro 2012 11:45

A ideoloxía ecopolítica venezolana

Escrito por Marcial Barrios

A conformación do Movemento Ecolóxico de Venezuela como partido político expón a posibilidade real de expresar o marco ideolóxico dos movementos verdes, que é algo que vai mais alá da democracia simplista onde a maioría ten a razón e a minoría acata, esta formulación transcende polo feito de involucrar os intereses do medio ambiente e os seus poboadores.


Luns, 28 Novembro 2011 21:02

Ecos pola Xustiza Climática

Escrito por agareso

Dende hoxe e ata o próximo 9 de decembro terá lugar a Conferencia sobre Cambio Climático en Durban, Sudáfrica. Os ecos pola xustiza climática da sociedade civil estanse a facer oír por un acordo xusto no cumio do clima. Amigos de la Tierra presenta o seu cuarto "Eco pola xustiza climática" para esixir aos países industrializados que asuman a súa responsabilidade fronte ao cambio climático, cun acordo que considere os principios de responsabilidade, xustiza climática e unha redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Repaso informativo a actualidade medio ambiental e ecolóxica nunha nova edición do 'Mundo Verde'. Montse Fernández aborda, entre outros temas, a soberania alimentaria e as ecoaldeas nunha producción de Amigos da Terra e Agareso.

Download Embed Insertar este video en tu web

Mércores, 24 Agosto 2011 12:19

Soberanía Alimentaria: unha resposta europea á crise

Escrito por agareso

Entre o 18 e o 21 de agosto, 400 delegados de 34 estados europeos reuníronse na cidade austríaca de Krems, no primeiro Foro Europeo para a Soberanía Alimentaria. Despois de cinco días de intercambio construtivo e inspirador, o Foro Europeo de Soberanía Alimentaria clausurou as súas sesións. No encontro, que tivo lugar na cidade de Krems, adoptouse a primeira Declaración Europea pola Soberanía Alimentaria.

Un encontro clave para promover a transformación do sistema agrario e alimentario. Os participantes debaterán sobre as políticas agrarias europeas, incluíndo a súa responsabilidade nas crises alimentarias, e sobre o fomento de alternativas social, ambiental e economicamente sostibles ao modelo agrario e alimentario.

A Generalitat Valenciana denegou a autorización á farmacéutica italiana Transactiva para experimentar con cultivos de arroz transxénico con xenes humanos en Vinaròs, Castelló.

Se non se protexen os ecosistemas, as necesidades de auga para alimentar os 9.000 millóns de persoas que habitarán o planeta en 2050 duplicaranse.

Coalición Clima, da que forma parte activa Amigos de la Tierra, formula a necesidade de lograr compromisos serios de redución de emisións de CO2 para evitar o colapso do sector turístico español.

 

Venres, 12 Agosto 2011 20:53

Xogando co lume

Escrito por Amigos da Terra

O día 13 de agosto de 2011 é o aniversario do falecemento de Julio Martínez da Silva e de Rodrigo Amo González, brigadistas dos servizos de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia que perderon a súa vida cando traballaban na extinción dun incendio forestal en Fornelos de Montes (Pontevedra).

Marcial Barros tráenos esta entrevista con membros do Partido Verde de Múnic, na que recolle as súas impresións sobre os retos que enfronta Alemaña, Europa e o mundo en xeral no tema das enerxía renovables. Download Embed Insertar este video en tu web
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 4

Axenda