proyecto_el_salvadorPor quinto ano consecutivo Agareso participa xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz nun proxecto de desenvolvemento sostible en El Salvador que procura facilitar as ferramentas e capacidades necesarias á poboación que vive na costa salvadoreña para que poida vivir con dignidade facendo uso dos seus recursos naturais de forma sostible.

Neste proxecto, no que se promove a organización a través de cooperativas de produción pesqueiras, artesanas e turísticas, o aporte da nosa organización é reforzar o traballo que se fai as emisoras de radio comunitarias para aumentar a capacidade de sensibilización do proxecto e promover o desenvolvemento de medios de comunicación sociais propios.
Neste 2016 traballamos na formación do voluntariado da Radio Televisión Izcanal, emisora comunitaria de Nueva Granada, que busca, igual que nós, promover o desenvolvemento desde a comunicación. O voluntariado da emisora recibe formación en redes sociais, novas tecnoloxías, sostenibilidade comercial, audiovisual e cobertura social da man de tres persoas do noso voluntariado.

Xunta a Fundación Comunicándonos organizamos o II Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias no que se xerou sinerxías entre 25 emisoras centroamericanas e fomentouse a acción conxuntas na defensa da igualdade de xénero e dos recursos naturais dos pobos indíxenas. Deste encontro xurde a iniciativa Comunitaria Radio, plataforma que dará respaldo ás emisións comúns de todas estas radios centroamericanas.

Radio Comunitaria en El Salvador

Por primeira vez traballamos coas mulleres artesanas da Illa Tasajera na elaboración de pezas audiovisuais e o uso das redes socias para difundir o seu traballo e o entorno turístico no que residen.

Completaranse ás accións coa formación en comunicación externa e interna da cooperativa de pescadores Fecoopaz
Nas fases anteriores formamos ao voluntariado de Tehuacán, emisora comunitaria de Tecoluca, realizamos un plan de mellora da emisora, realizamos formación de radio e sensibilización sobre medio ambiente nos centros educativos de Bajo Lempa e realizamos un audio-libro no que a través de fotografías, audios e historias trasladamos a Galicia a realidade dos beneficiarios e beneficiarias deste proxecto.