Quen somos

Quen somos

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

Creada en maio de 2008, AGARESO defínese como unha organización non gobernamental de desenvolvemento laica, comprometida politicamente pero apartidista. Estamos convencidas e convencidos de que a comunicación é unha disciplina imprescindible cara a unha reflexión social colectiva, o empoderamento dos individuos/as, a defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos. Os seus integrantes están comprometidos co deseño, a produción, realización e difusión de proxectos de cooperación  que contribúan á creación dunha cidadanía máis crítica e capacitada para a loita contra a desigualdade global.

ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

Xunta Directiva

Presidente e tesoreiro

Juan de Sola Vollbrecht

Vicepresidenta

Rocío Cadahía

Secretario

Luis Pardo

Vogal

Óscar Vázquez

Vogal

Roi Palmás Cora

Vogal

Antonio Grunfeld

Dirección Técnica

Coordinadora

Lorena Seijo

Técnica de proxectos

Susana Maceiras

Tecnico de EpD

Roi Guitián

Obxectivos

  1. Actuar contra as causas estruturais da pobreza e propiciar o desenvolvemento social dos pobos partindo das súas necesidades, respectando a súa identidade cultural e a igualdade de xénero, garantindo a súa participación en todo o proceso
  2. Promover no noso ámbito de influencia actividades de sensibilización e educación para a democracia, a xustiza social, a paz e a solidariedade cos países empobrecidos
  3. Organizar, formar e apoiar ao voluntariado para que traballe en conseguir estes obxectivos, tanto en países empobrecidos como en España
  4. Potenciar a educación, a formación e a reciclaxe dos profesionais da comunicación no tratamento e elaboración de informacións de carácter social, e ampliar á súa visión na abordaxe diaria de información sobre estas temáticas, independentemente do medio no que traballen, aplicando os códigos éticos e regulacións específicas.
  5. Promover a comunicación como unha ferramenta indispensable no ámbito do Terceiro Sector, a través da formación, o traballo en rede e a procura de sinerxias
  6. Alcanzar estes obxectivos a través dunha estratexia feminista, onde a igualdade de xénero é a variable transversal fundamental no desenvolvemento das nosas accións e proxectos.

Actividades e proxectos

AGARESO tenta impulsar a conciencia solidaria da sociedade galega mediante unha interactividade constante a través de conferencias, exposicións, publicacións, cursos ou calquera tipo de evento socio-cultural que permita achegar a opinión pública os proxectos solidarios ou de cooperación e desenvolvemento realizados tanto en Galicia como en outra parte do mundo.

  • Cooperación Internacional. Traballamos en Centroamérica e o Caribe, principalmente, no apoio ao fortalecemento de medios de comunicación comunitarios e o empoderamento da cidadanía a través do uso das distintas ferramentas de comunicación (radio, vídeo participativo, teatro, cine, marketing, prensa…)
  • Educación para o Cambio Social. Levamos a cabo proxecto de Educación en centros educativos galegos nos que empregamos as ferramentas de comunicación para reflexionar sobre os dereitos humanos e a creación de produtos comunicativos por parte do propio alumnado. Tamén realizamos obradoiros en ámbitos de educación non formal, sempre cunha compoñente práctica, dentro da nosa metodoloxía de “aprender facendo”.
  • Sensibilización. Organizamos actividades de sensibilización e visibilización para que a cidadanía teña coñecemento das diferentes realidades que se viven nos países do Sur e fomentar a participación para loitar contra a Desigualdade Global. Tamén creamos produtos propios de sensibilización como documentais, exposicións fotográficas, cómic, graffitis…