Claves para a organización e produción dun evento solidario

Claves para a organización e produción dun evento solidario

Algunha vez participaches durante meses na organización dun evento solidario (xornadas, feiras, actos de rúa, concertos…) e logo de moitísimas reunións, debates e previsións algo saíu mal? Posiblemente a túa resposta sexa afirmativa. E posiblemente tamén creas que o traballo de produción e comunicación que se fixo (ou non) tivo algo que ver co resultado final. Se iso é así, este é o curso que estabas buscando!

Esta é unha formación dirixida a todas aquelas persoas vinculadas ás ONGD, entidades sociais, movementos sociais e en xeral, a todas aquelas que estean interesadas a título persoal en mellorar os procesos de produción e comunicación de eventos solidarios. Unha xornada para descubrir as claves do éxito que poderás aplicar aos teus eventos futuros.

Share This