Obradoiro de contrapublicidade

Obradoiro de contrapublicidade

Este obradoiro está destinado a adolescentes cos que se debate sobre a importancia de reflexionar sobre as mensaxes que recibimos e darlle a volta a publicidade, para entender os seus mecanismos. A temática traballada é libre, de este modo nos diferentes obradoiros xorden distintos temas: dende a alimentación, á protección dos animais, pasando pola pobreza.

Para esta actividade utilízanse ferramentas dixitais e está orientado a potenciar o pensamento crítico dos rapaces, pero sobre todo a súa creatividade e a construción de mensaxes, polo que é un obradoiro na que a súa participación é vital.

Share This