Convención Anual no Centro Penitenciario A Lama

Convención Anual no Centro Penitenciario A Lama

A convención “Comunicación, Cooperación e Solidariedade” naceu no ano 2008 co obxectivo  de compartir experiencias en materia de comunicación social, cooperación  e solidariedade tanto cos/as asociados/as de Agareso coma con membros do terceiro sector, profesionais da comunicación e con público en xeral interesado nestas vertentes.

Esta cita anual, que se celebrou ata o ano 2012, tiña o atractivo engadido de celebrarse no interior do centro penitenciario de A Lama (Pontevedra). Nesta última edición contouse coa asistencia de correspondentes de Agareso noutros países, como a xornalista mexicana Priscila Hernández, correspondente Clave do proxecto ONU/Sida; con profesionais de recoñecido prestixio no mundo da comunicación en Galicia e España, coma Clara de Saá, directora do programa de radio “Convivir en Igualdade” da Radio Galega e Pablo Morán, director do programa de solidariedade “Punto de Fuga”, da Cadena SER; e entidades sociais de demostrado interese e renome en Galicia, coma COGAMI ou a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Ademais, realizáronse conexións a través de Internet con xornalistas destacados en distintos países. Javier Bauluz, fundador de Periodismo Humano e premio Pulitzer 2004, dende Madrid e Amaia López de Munain, xornalista especializada en política internacional e dereitos humanos dende Túnez.

Share This