RecThink

RecThink

Ámbito: Galicia, Portugal, Italia, Francia

Data: 2015

Persoas beneficiarias: Xuventude do rural galego

Parcerias: organizaciones xuvenís

Socios: YUPI, Solidarités Jeunesses, Mine Vaganti, Contextos

Orzamento: 97655 €

Principal Financiador: Comisión Europea, programa Erasmus+

Visita a web do noso proxecto para saber más sobre as actividades realizadas

 

As organizacións participantes neste proxecto alíanse para desenvolver unha serie de ferramentas e metodoloxías mediante as cales mozas de zonas rurais se involucren nun proceso no cal RE-pensarse a si mesmos e o seu papel no futuro das súas localidades. Para iso utilizarase o vídeo participativo como ferramenta para a  expresión colectiva e a xeración de ideas, de modo que pulsar o REC sexa o primeiro paso na construción de alternativas sustentables.

Unha parte relevante das zonas rurais en Europa están a vivir un forte proceso de despoboamento que vai acompañado dun progresivo envellecemento da poboación, en zonas do rural de países como os dos socios participantes. Estes fenómenos teñen consecuencias negativas tanto para o desenvolvemento persoal dos mozos como para o conxunto da zona e para a súa perspectiva económica e social.

O proxecto RecThink é un proxecto desenvolto por Agareso, como líder, xunto a outras organizacións europeas, e que se encadra dentro do Programa Erasmus Plus. Este programa ten como obxecto a capacitación entre organizacións dentro do territorio europeo a través do intercambio de coñecemento. Así, Agareso coordinou xunto a Contextos (Galicia), YUPI- Youth Unios of Peole with Iniciative (Portugal), Solidarités Jeunesses (Francia) e Mine Vaganti (Italia), este proxecto que usa como ferramenta o video participativo e como poboación beneficiaria os xoves de zonas rurais ailladas.

Dentro do RecThink, Agareso foi a encargada de desenvolver tanto as accións formativas como as guías didácticas para facilitar a transferencia desta ferramenta no traballo con rapaces. O seu papel de coordinador supón asemade que é o encargado da celebración, xa no ano 2016 do evento multiplicador que serviu para difundir os resultados do proxecto e que tivo lugar en Pontevedra, por ser sede da organización.

Máis información: https://www.agareso.org/gl/recthink-o-video-participativo-como-ferramenta-de-expresion-colectiva/

O proxecto busca crear unha nova estratexia de traballo con mozos de áreas rurais, sendo estes, xunto coas propias organizacións, os grupos destinatarios principais. Preténdese que sexan estes mozos quen poña voz ás súas rexións, ampliando os seus coñecementos e habilidades a unha dimensión activa, de participación e de acción, rompendo co illamento xeográfico e creando unha rede que sirva como punto de colaboración, de reflexión e de afianzamento das relacións sociais.
Share This