Cooperación galega. O mundo que queremos

Cooperación galega. O mundo que queremos

Ámbito territorial: Galicia

Datas: de 2013 á Actualidade

Persoas beneficiarias: Alumando e profesorado de Secundaria

Parcerías: Centros Educativos

Socios: Solidariedade Internacional de Galicia e Educo

Principal Financiador: Xunta de Galicia

Orzamentos
2017: 70000 €
2016: 70000 €
2015: 91847 €
2014: 45459 €
2013: 39955 €

Visita a web deste proxecto

Por cuarto ano consecutivo formamos parte da iniciativa O Mundo que Queremos, un proxecto de Educación en Valores que ten como obxectivo aunar esforzos e aproveitar a experiencia de capacidades das organización que traballamos cooperación en Galicia para polas ao servizo dos centros educativos galegos.

Así pois, Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado. Co profesorado e alumnado destinatario, afóndase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Debido a este enfoque metodolóxico Agareso, imparte a formación en radio e fotografía, co obxectivo de que o alumnado reflexione sobre as desigualdades sociais a través da elaboración dos seus propios discursos. E, ademais, facemos actos de incidencia política ao final do proceso, no que o propio alumnado presenta os seus traballos e plantea as súas demandas á comunidade educativa e administracións públicas. Esta iniciativa, enmarcada dentro do Plan Proxecta que financia a Consellería de Educación, tamén inclúe a visita de persoas  beneficiarias dos proxectos de cooperación galega aos centros educativos para que poidan contar a súa realidade ao alumnado e accións de teatro foro que promoven a reflexión crítica e a chamada a acción do alumnado sobre a problemática de migracións.

Share This