Escolas sen racismo

 Escolas sen racismo

Ámbito territorial: Galicia

Data: dende 2011 ata actualidade

Persoas beneficiarias: Alumando Primaria, ESO e Universitario

Parcerías: Centros educativos e USC

Principal Financiador: Xunta de Galicia

Orzamentos
2017: 45000 €
2016: 47560 €
2015: 42660 €
2014: 40000 €
2013: 39379 €
2012: 34984 €
2011: 49560 €
2010: 50208 €

Visita a web do noso proxecto, e tamén a nosa canle de Youtube, o noso Ivoox e o noso Isuu

 

Agareso incorporou no curso 2011/2012 a comunicación para o cambio social ao proxecto ‘Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento’ que a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) viña implementando en centros educativos de Primaria e Secundaria. Este novidoso enfoque materializouse en obradoiros radiofónicos e audiovisuais, e con posterioridade tamén de prensa e de comunicación de guerrilla, para a formación en valores. Trátanse de propostas educomunicativas cuxo obxectivo é espertar unha conciencia crítica e solidaria no alumnado sobre as causas da pobreza e a exclusión para que, a partir do coñecemento das situacións de inxustiza, se sintan quen de mobilizarse para participar nos procesos de cambio. Ao mesmo tempo, búscase contribuír á construción dunha cidadanía global poñendo en valor a interculturalidade, a diversidade e a igualdade, traballando en rede para impulsar alternativas, tal e como amosan as reportaxes resultantes. O proxecto, seleccionado como exemplo de boas prácticas en diversos ámbitos, recibiu recoñecementos coma o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’, o Premio Andaina do Festival Redondela en Curto ou unha mención especial nos premios de Alfabetización Audiovisual que concede o ICAA.

Share This