EpdLab

EpdLab

Ámbito territorial: Galicia

Data: do 2015 á actualidade

Persoas beneficiarias: Alumando e Profesorado de Educación Secundaria

Parcerías: Centros educativos

Principal Financiador: Xunta de Galicia

Orzamentos 

2019: 37.096€

2018: 37.615,40 €

2017: 32.886 €

2016: 32.268 €

2015: 31.581 €

Visita a web do proxecto para ver os contidos creados polos alumnos, así como a guía didáctica de EpdLab e os materiais empregados nos obradoiros. Tamén podes atoparnos en Youtube.

EpdLab é un proxecto de educación para o desenvolvemento levado a cabo por Agareso en varios centros educativos galegos, co obxectivo de educar en valores e incrementar o pensamento crítico dos rapaces e rapazas dos diferentes centros.

Deu comezo no ano 2015 nos centros IES Carlos Casares de Vaian do Bolo, IES A Cachada de Boiro, IES Milladoiro en Ames, IES A Sangriña en A Guarda e o CPI Navia de Suarna no concello de Navia. No 2016 incorporouse a esta experiencia o IES Pintor Colmeiro de Silleda. No 2019 entraron os IES de Bueu, Ames e Brión. Todos os centros foron seleccionados pola súa heteroxeneidade xeográfica, pero tamén pola aceptación por parte da directiva e formadores do centro dos nosos obradoiros, sendo a súa implicación un eixo fundamental no éxito do proxecto.

Epdlab organízase en torno a 9 obradoiros que combinan a profundización nunha das temáticas seleccionadas para o curso coa formación en diversas ferramentas de comunicación dixital. As temáticas van dende o medio ambiente ata a igualdade de xénero, pasando polas linguaxes inclusivas e a detección de prexuízos. As ferramentas utilizadas son as redes sociais e a creación de contidos adaptados: memes, gif’s, vídeos, que son creados na aula polos rapaces e rapazas e compartidos na web do proxecto.

O proxecto inclúe formación a profesorado en novas narrativas dixitais e un encontro entre alumnado dos cinco centros educativos para realizar un Hackaton.

 Os obradoiros combínanse cunha xornada na que se fai chegar aos alumnos e alumnas videocartas enviadas por rapaces e rapazas da súa idade dende o Salvador. Nestas videocartas uns e outros intercambian impresións sobre o seu dia a día e a súa visión de diversos temas tocados no resto dos obradoiros. No 2015 foron enviadas por alumnos e alumnas do IES Tecoluca, en 2016 e 2017 polos voluntarios da Radio Itzcanal, socio de Agareso noutro proxecto, e no 2018 e 2019 por rapaces e rapazas dos bateyes de República Dominicana.

Share This