Comunicación comunitaria en El Salvador

Comunicación comunitaria en El Salvador

Ámbito territorial: El Salvador

Data: De 2010-2019

Persoas beneficiarias: Homes, mulleres, mozas e mozos de comunidades desplazadas polo conflito armado e poboación indíxena

Parcerías: Fundación Cordes, Radio Izcanal, Fundación Comunicándonos

Socios: Asemblea de Cooperación pola Paz

Principal Financiador: Xunta de Galicia

Orzamentos

2019: 255,416,12€

2017: 225000 €
2016: 219903 €
2015: 250376 €
2014: 175000 €
2012: 244712 €
2011: 253180 €
2010: 220711 €

Desde hai 9 anos Agareso participa xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz nun proxecto de desenvolvemento sostible en El Salvador que procura facilitar as ferramentas e capacidades necesarias á poboación que vive na costa salvadoreña para que poida vivir con dignidade facendo uso dos seus recursos naturais de forma sostible.

Este proxecto comezou coa sensibilización sobre medio ambiente e radio nas escolares do Bajo Lempa, evolucionou cara o fortalecemento de emisoras comunitarias como Radio Tehuacán coa que traballamos durante tres anos e que recibiu formación técnica, xornalística e de xestión, para continuar na actualidade co apoio á radio comunitaria máis importante do país RTV Izcanal en formación, equipamiento e asesoramento en radio e tv comunitaria, canda as outras 4 radios de Oriente: Radio Fonseca, Radio Mangle, Radio Segundo Montes e Tehuacán. O voluntariado de Agareso foi o encargado de impartir gran parte destas formacións e acompañar o crecemento das emisoras comunitarias.

Complementamos as accións desde proxecto coa formación en ferramentas de comunicación e incidencia a cooperativas de pescadores, de comerciantes e de artesanas para que poidan mellorar os seus medios de produción e apostar por un desenvolvemento sostible.

Xunto a estas actividades, incorporamos desde hai tres anos a organización e promoción dun Encontro Centroamericano de Emisoras Comunitarias ao que acuden representantes de toda a rexión para crear sinerxías, iniciativa da que xurdiu unha plataforma on line común chamada Comunitaria Radio.

Nas últimas accións de incidencia cabe destacar a elaboracións de materiais propios para a posta en valor do sector pesqueiro, turístico e acuícola sostible, que permite o desenvolvemento económico das zonas costeiras ao mesmo tempo que protexe esta zona da sobreexplotación. 

Share This