Cooperación na República Dominicana

Cooperación na República Dominicana

Ámbito territorial: República Dominicana

Datas: 2017-2018

Persoas beneficiarias: Mozas e mozas en risco de exclusión

Parcerias: Instituto de Acción Comunitaria (IDAC)

Socio: Asamblea de Cooperación pola Paz

Financiador principal: Xunta de Galicia

Orzamento: 178804 €

Este proxecto ten tres eixos fundamentais. O primeiro é o de garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable, en segundo lugar, fortalecer as capacidades, tanto formativas como de equipamentos, do sistema comunitario do Batey La Balsa en temas de saúde comunitaria, prevención da violencia contras as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos e, en terceiro lugar, promover unha cultura da igualdade e equidade de xénero.

Dentro deste proxecto desenvolvéronse obradoiros audiovisuais no centro educativo Monte Cristi no que o alumnado creou os seus propios produtos audiovisuais de concienciación en contra do machismo e os feminicidios. Na segunda fase formouse a alumnado do Liceo de Ramón Santana en radio e xénero, para que poideran formar o seu propio equipo de radio e transmitir programas específicos sobre igualdade de xénero na emisora comunitaria do Centro Tecnolóxico Comunitario.

AGARESO está a aportar a este gran proxecto a súa especialidade en sensibilización, en traballo coas novas tecnoloxías e medios de comunicación comunitarios enfocados á poboación máis nova. Búscase que as propias comunidades teñan a capacidade e os coñecementos técnicos necesarios para que a poboación poida ter as súas propias canles comunicativas para expresarse, para xerar discursos propios e para denunciar as  problemáticas que lles afectan.

Share This