Manoliño Nguema, dous mundos que se tocan

Manoliño Nguema, dous mundos que se tocan

Ano: 2017- 2018

País: Guinea e España

ONGDs: WakaFilms, Fílmika Galaika e Agareso

Sinopse: Marcelo Ndong, un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será él. A súa propia vida.

No medio dun barrio de Malabo, a capital de Guinea Ecuatorial, tres negros cantan Catro vellos mariñeiros. O ritmo desta canción tradicional galega fúndese cunha percusión africana de raíces fang (unha das cinco etnias do país) e, con esta estampa inesperada, o trailer de presentación de Manoliño Nguema achéganos ao singular universo dun proxecto que comezou sendo un documental e que pouco a pouco se foi transformando nunha iniciativa moito máis ampla que aglutina teatro, música e formación nun alegato en favor da migración, unha mirada positiva ante o poder integrador e sanador da cultura.

Share This