En deuda con todas

En deuda con todas

En deuda con todas estreouse o 19 de novembro de 2019 en San Salvador e o 16 de decembro de 2019 en Santiago de Compostela. O seu obxectivo é contribuír á incidencia política e social dos colectivos que loitan polos dereitos das mulleres salvadoreñas, polo que xa está dispoñible íntegro para visualización nesta mesma páxina.

Desde o 2019 ata o 2021 foi parte da selección oficial en 42 festivais e mostras internacionais. Neste percorrido, obtivo o Premio á Mellor Película Documental no Festival Women’s Voices Now (Estados Unidos), Premio á Mellor Película na categoría XX Element no Porto Femme International Film Festival (Portugal), ao Mellor Documental no Bronx Social Justice Matters Film Festival (Estados Unidos), o Premio do Público ao Mellor Longametraxe no Humans of Film Festival (Países Baixos) e a mención honorífica no Cinema Nubo (México).

En Galicia, foi proxectada na Sala Numax de Santiago de Compostela, nos Cines Norte de Vigo da man da Marcha Mundial das Mulleres, no Cineclube de Bueu, no Galidoc co Casino 1889 de Carballo e no Ciclo de Inverno do LAV en Vedra, entre outras.  Ademais é parte do catálogo de Filmin Latino de cine baixo demanda e da plataforma “Retina Latina”, e está dispoñible na canle de Agareso e na de ACPP en Youtube, onde conta con case 6000 visualizacións entre ambas canles.  

Se queredes axudarnos a difundir as consecuencias da penalización do aborto en El Salvador e organizar unha proxección pública na túa localidade, non tedes máis que contactar con nós e explicarnos cando, onde e como queredes facelo. Proxectar este documental non ten ningún custe económico, pero se tedes algo de orzamento, animámosvos a convidar a algunha das protagonistas ou a algunha das persoas do equipo técnico para que vos acompañen ese día.

EN DEUDA CON TODAS
Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador
Ano: 2019 | Documental social | Duración: 60’17” | Idioma: Español | Formato: HD 1920×1080 Stereo

Sinopse: En deuda con todas é un documental social cun obxectivo político: chamar a atención sobre a vulneración de dereitos que sofren as mulleres salvadoreñas e contribuír, así, á loita dos colectivos feministas que -dentro do país centroamericano- esixen unha lexislación que non vulnere os Dereitos Humanos da metade da poboación e que se garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos. Especialmente, para as nenas e as adolescentes máis vulnerables. O relato sostéñeno as súas propias protagonistas, desde ambos os dous lados dos muros do cárcere, lembrándolle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde da nai corre perigo é tamén unha loita pola vida.

Trailer: https://youtu.be/E9hjU9wgUxc

 

Descargas para prensa

FOTOGRAMAS

TRAILER E COLAS DE VÍDEO

CLIPS DE AUDIO

FICHA TÉCNICA

Premios e mencións

Presenza en festivais

Share This