Non che doe?

Non che doe?

Ano: 2013

Duración: 36 minutos

País: Nicaragua

ONGDs: Agareso e Solidariedade Galega

Sinopse: O rostro iluminado de Arling cos seus novos lentes, o sorriso de Anielka ó poder ler despois de vivir anos case cega, a alegría dos nenos do colexio de Murra por un simple cepillo de dentes, a enteireza de Flavia malia saber desde ben cedo o dura que é a vida…

‘Non che doe?’ recolle testemuños das desigualdades que existen entre sociedades, pero tamén do gran traballo que realizan os integrantes das brigadas sanitarias da ONGD Solidariedade Galega en Nicaragua. Un traballo realizado pola xornalista Loreto Costa e o cámara Miguel Caruncho, membros de AGARESO.

Share This