De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en paz

De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en paz

Ano: 2008

Duración: 10 minutos

País: España

ONGDs: AGARESO e Asociación de Solidariedade co pobo Saharahui

Sinopse: Dúas experiencias escollidas entre os milleiros de familias acolledoras de nenos e nenas, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis, é o argumento deste pequeno documental, que trata de amosar a realidade social que se vive nas jaimas.

O programa ‘Vacacións en Paz’ da asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí traslada cada verán milleiros de menores a España. Esta acción persegue facilitar a atención sociosanitaria e evitar as altas temperaturas do deserto nos meses de xuño, xullo e agosto.

Nesta ocasión, o documental recolle a convivencia de dúas familias do municipio de Sanxenxo (Pontevedra) e unha nena e un neno saharauis durante o verán de 2008. Posteriormente, o equipo de reporteiros trasladouse ás jaimas do deserto para coñecer a realidade social e familiar dos dous protagonistas da historia.

 

Share This